Notas de prensa

Presentado o Basketgalp 3x3 en Lugo

Celebrouse no centro de Lugo (Praza Ángel Fernández, xunto ó Concello), o torneo de baloncesto na rúa BasketGalp 3x3 organizado por Galp, empresa patrocinadora oficial de ACB, e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lugo, o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, a Fundación BALOGAL e o Leite Río Breogán.

O evento conta con máis de 60 equipos inscritos, unha cifra
espectacular similar á acadada en Madrid o pasado 18 de Febreiro
coincidindo coa Final da Copa do Rey de Baloncesto.

O campeonato contará coa animación dun speaker e música ó longo da xornada con numerosos agasallos para os participantes.

NotaÁ presentación, celebrada no Pazo dos Deportes de Lugo, acudiron o Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, Ana Ónega en representación do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, José María Tapia, Director de Marketing de GALP España, Jesús Maseda, vicepresidente do CB Breogán e Miguel Loureiro, coordinador técnico da Fundación BALOGAL.

Marcos Fernández (Prensa CB Breogán SAD), 2006-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES