A Plataforma contraria ás liñas de alta tensión , que en diversas ocasións quixo reunirse co Alcalde sin que éste aceptara o diálogo, aproveita esta visita do rexidor para convocar ós afectados a que plantexen as súas demandas ante tantos anos de demora na execución das obras. Son anos de retraso na acumulación de radiacións ás que estamos sometidos tódolos veciños da urbanización e os escolares e veciños que participan nas actividades que se realizan nas inmediacións: obradoiros, deportes no pavillón, actividades lúdicas nos locais municipais e locais comerciais. É un problema moi grave de saúde , indican os voceiros da Plataforma.
Esta será a primeira vez que o Alcalde vén a Oseiro a explicar a súa postura dos motivos do retraso do traslado, logo de que nós fixeramos público os auténticos motivos que están detrás da demora explican desde a Plataforma de Afectados
.
Só temos acceso ás explicacións que Pose Miñones da á prensa cada certo tempo e éstas contradícense entre si . Tén falado de que non se pode perxudicar ós propietarios de terreos , de que a Xunta é a que tén que encargarse de conseguir os terrenos e de que hai que agardar pola aprobación das Normas Urbanísticas , siguen explicando os afectados.
A nós todo eso cheíranos moi mal , sobre todo despois de coñecer que hai intereses por parte dos grandes propietarios , que pretenden aproveitar as permutas dos terreos por onde van discurrir as liñas para facer o seu agosto . Por eso falan de esperar a aprobación do Planeamento, xa que alí é onde se vai reflectir esto.
A Plataforma lamenta que se poña como disculpa sempre a aprobación das Normas, unha xestión que acumula un retraso de seis anos , xa que do que estamos falando aquí é dun problema de saúde que afecta a máis de 1.100 veciños e 400 escolares.
Nós preguntámoslle ó Alcalde ¿por que non se pode optar por unha expropiación dos terreos como se fixo para o paseo marítimo e fluvial ou por unha modificación puntual das Normas actuais como se fixo para construír a igrexa.? Agardamos respostas con papeis e normativa na man e non simplemente con palabras que logo non valen para nada.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.