Notas de prensa

O número de cotizantes á Seguridade Social incrementouse en 32.657 persoas en Galicia dende marzo de 2005

* O número total de inscritos á Seguridade Social ascende ata 1.012.533 afiliados, o que representa un aumento porcentual do 3,33% en relación a marzo de 2005 * Na evolución mensual produciuse un aumento no número de afiliados do 0,31%, xa que se rexistraron un total de 3.093 novas altas con respecto ao mes de febreiro * As cifras de afiliados increméntanse nas catro provincias galegas, tanto con respecto a febreiro como con respecto a marzo de 2005, sendo especialmente salientable o comportamento da Coruña, con 1.673 cotizantes máis que en febreiro e 14.256 máis que hai doce meses

O número de afiliados á Seguridade Social en Galicia aumentou en 32.657 persoas dende marzo de 2005, o que representa unha suba interanual en termos porcentuais do 3,33%. Así, a cifra en termos absolutos de afiliados de todos os réximes ascende dos 979.876 de marzo do pasado ano a 1.012.533 rexistrados en marzo de 2006.

O aumento interanual de cotizantes reflíctese tanto no réxime xeral como no de autónomos. De tal xeito a cifra de cotizantes inscritos no réxime xeral da Seguridade Social increméntase en 30.642 persoas con respecto ao mes de marzo de 2005, o que representa un aumento do 4,41%. Pola súa banda, o réxime de autónomos rexistra unha suba do 2,36%, o que en termos absolutos supón un total de 4.259 afiliados máis que hai doce meses. O único réxime que sufre un descenso na taxa interanual é o agrario, no que o número de cotizantes reduciuse nun total de 3.514 persoas, é dicir nun 5,88%.

Na evolución interanual por provincias o número de afiliados sube neste período nas catro provincias galegas, sendo A Coruña, con 14.256 novas altas a que rexistra un maior incremento en termos absolutos, seguida de Pontevedra, con 12.309 cotizantes máis que en marzo de 2005, Lugo con 3.072 afiliados máis que hai un ano, e Ourense con 3.020. Porcentualmente estes incrementos oscilan entre o 3,54% de Pontevedra ou o 3,52% da Coruña, e o 2,92% de Ourense ou o 2,48% de Lugo.
Neste terceiro mes de 2006 o número de afiliados á Seguridade Social elevouse en 3.093 cotizantes con respecto ao mes de febreiro. Así, a 31 de marzo o número de persoas dadas de alta en todos os réximes da Seguridade Social situouse en 1.012.533, o que en termos relativos supón un aumento do 0,31%.

Este incremento é común a todos os réximes agás o agrario, no que o número de afiliados diminúe en 49 persoas, é dicir, nun 0,9% con respecto a febreiro. Pola contra, o réxime xeral e o de autónomos rexistran un incremento do 0,44% e 0,26% respectivamente, ou o que é o mesmo, 2.969 e 475 novos afiliados.

Aínda que o número de afiliados se incrementa nas catro provincias galegas, cómpre destacar o comportamento da Coruña que rexistran unha suba do 0,40%, é dicir, 1.673 cotizantes máis que en febreiro deste ano. Tras A Coruña situase Pontevedra, provincia onde se produce un ascenso no número de novas altas do 0,27%, o que en termos absolutos equivale a 960 novos afiliados. Ourense rexistra cun incremento do 0,22% (229) e en Lugo a cifra de cotizantes aumentou nun 0,18% (231).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES