
Blanco fixo este anuncio que se formalizará nas próximas datas a través dun convenio de colaboración entre a consellaría e a Asociación durante a presentación do Estudo do sector do formigón en Galiza: expectativas de futuro celebrada esta mañá en Santiago. Fernando Blanco referiuse ao estudo presentado por ASFHORGAL como un importante chanzo cara ao camiño de cooperación para a mellora da capacidade competitiva deste sector en Galiza. Neste sentido, o conselleiro nacionalista considerou outro paso adiante a elaboración do Plan Estratéxico, para poder desenvolver de forma coordenada as accións conxuntas necesarias nos ámbitos que se determinen prioritarios, algúns dos cales, segundo dixo, xa se apuntan no estudo presentado.
O titular de Innovación e Industria quixo aproveitar a ocasión para valorar moi positivamente a recente constitución da Asociación, que representa a un sector que da emprego directo a 1.000 persoas e indirecto a outras 3.000. É necesario a implicación activa das pemes, dixo o conselleiro, quen subliñou que as fórmulas de cooperación e colaboración entre empresas facilitan a consecución dunha masa crítica e o dimensionamento necesario para competir nos mercados actuais, estruturando e racionalizando os sectores.
Neste sentido, Blanco destacou o compromiso do seu departamento á hora de fomentar e apoiar a ampliación e a intensificación das formas de cooperación dentro dos sectores produtivos da economía galega como un dos medios estratéxicos para robustecer a competitividade do tecido empresarial do país.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.