Notas de prensa

O Goberno galego incorporarase á Rede Internacional das Administracións Públicas do Software Libre

* Reuníronse na Consellaría de Innovación e Industria a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, o responsábel da Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre, Marcelo Branco, e representantes da Secretaría de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya. * Innovación e Industria aproveitará e participará nas experiencias de traballo colaborativo coas outras administracións públicas presentes na Rede.

A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de incorporarse á “Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre” na reunión que se celebrou con representantes da Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, e Marcelo Branco, responsábel da “Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre” coordenada pola Generalitat de Catalunya e a “Fundació Observatori per a la Societat de la Informació de Catalunya (FOBSIC)”.

A Rede nace da reunión que se celebrou en Barcelona o pasado mes de xuño na que participaron 22 administracións. Nese encontro acordouse dar continuidade á “Declaración de Barcelona para o avance do software libre” mediante a creación dunha Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. As comunidades autónomas que participaron nesta reunión son Andalucía, Estremadura, Madrid, Valencia, Euskadi e Catalunya. A incorporación do Goberno galego á Rede será a primeira dun Goberno autonómico despois do encontro de Catalunya.

O obxectivo da Rede é fortalecer as relacións político-institucionais entre aquelas administracións que teñen o compromiso de consolidar o uso do Software Libre, deixando constancia da necesidade de traballar de xeito conxunto para difundir, estimular, desenvolver e promocionar o Software Libre como unha das ferramentas máis importantes das que dispón a sociedade para transmitir o seu coñecemento.

A Consellaría de Innovación e Industria desexa aproveitar e participar nas experiencias de traballo de colaboración coas outras administracións públicas presentes na Rede. A Rede inspírase na lóxica do principal motivo de éxito da comunidade do software libre: a cooperación entre as diferentes administración públicas.

O Secretario de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, D. Oriol Ferran, celebrou a incorporación á Rede da Xunta. Ferran cre que para Galiza, que empeza agora unha nova política de fomento do Software Libre, pode ser moi útil compartir experiencias con outras administracións.

Máis información sobre a Rede: http://www.lafarga.org/xarxa/

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES