Notas de prensa

O xerente da Fundación Deporte Galego afronta o seu novo posto coma un reto profesional

• Javier Rico agradeceu a confianza depositada nel por parte do director xeral para o Deporte. • Santiago Domínguez Olveira destacou que “con este nomeamento queremos visualizar a nova etapa que agora comeza da Fundación Deporte Galego”

Na súa presentación coma xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico recoñeceu que afronta este novo traballo coma “un reto profesional moi importante porque é ao máximo que se pode chegar na xestión deportiva”.

O ex xerente do Azkar Lugo non quixo comezar esta nova etapa sen agradecer o trato recibido no club lugués, que “incluso me animou a aceptar este reto”, e manifestou que “me gustou moito a forma de actuar do director xeral, que falou directamente co club. Eu quería deixar ao Akzar nas mellores condicións e por iso estivemos un mes de preparación para deixar todo no seu sitio”.

Rico, que xa comezou a traballar na Fundación, destacou a boa disposición dos traballadores da Fundación: “É xente moi nova, con iniciativa e con ganas de traballar, e iso é fundamental”.

Pola súa parte, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, asegurou que apostar por Javier Rico non foi unha decisión difícil xa que “é unha persoa vencellada ao deporte dende sempre e todas as consultas que fixemos sobre el eran sempre positivas. Con este nomeamento queremos visualizar a nova etapa que agora comeza na Fundación Deporte Galego que ten que se converter nun movemento aglutinador do deporte de base do noso país”.

Domínguez destacou que nesta nova etapa “imos buscar patrocinadores permanentes para o deporte galego, apoiar ao deporte feminino, ao sector dos descapacitados físicos, a loitar pola igualdade de oportunidades para todos, e todo isto combinado co apoio aos deportistas de alto nivel do noso país”.

A pesar da súa xuventude, Javier Rico conta xa cun completo currículum, sempre ligado ao mundo do deporte. Este licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e adestrador nacional de atletismo, foi xerente da Fundación Grupo Breogán e xerente do Azkar Lugo.

Curriculum de Javier Rico

NOME: JAVIER
APELIDOS: RICO DÃAZ
DATA E LUGAR DE NACEMENTO: 14-8-1979 (Lugo)
ESTADO CIVIL: Casado.

ITINERARIO ACADÉMICO
-EXB (Colexio Público de A Pontenova, 1984-19993)
-ESO (IES Enrique Muruais de A Pontenova, 93-95)
-Bacharelato (IES Enrique Muruais , 95-97)
-INEF (Facultade de CC. Da Actividade Física e do Deporte, A Coruña, 98-2002)
-Master Dirección e Xestión de Entidades Deportivas (en curso ata maio de 2006). Universidade de Vigo.

ESPECIALIDADES CURSADAS CC. DA ACTIVIDADE FÃSICA E DO DEPORTE:
-Maestrías deportivas: Balonmán, Atletismo I, Atletismo II e Fútbol

TITULACIÓNS
-Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
-Adestrador Nacional de Atletismo
-Monitor de iniciación de baloncesto (Federación Lucense de Baloncesto). Decembro do 2002.
-Adestrador de Goalball (ONCE). Madrid.
-Monitor en actividades de tempo libre (Escola Galega de Tempo Libre 1999). A Coruña
-Director en actividades de tempo libre (Escola Galega de Tempo Libre 2001/02). A Coruña
-Curso Aptitude Pedagóxica (Universidade de A Coruña, abril 2003)

ITINERARIO PROFESIONAL
-Coordinador, adestrador, organizador de multitude de actividades, torneos, escolas, campamentos relacionados co deporte ou actividades de ocio.
-Coordinador deportivo do Concello de Meira (Lugo), dende novembro do 2002 ata febreiro do 2003.
-Coordinador Escolas de baloncesto da Fundación Grupo Breogán, na comarca de Meira, dende novembro 2002 ata febreiro 2003.
-Director Deportivo da Fundación Grupo Breogán dende marzo do 2003 ata agosto do 2004.
-Xerente da Fundación Grupo Breogán dende agosto do 2004 ata marzo do 2005.
-Coordinador do Comité Organizador da “Copa de Europa de Clubes Campeones de Copa de Fútbol Sala” (Lugo, 17 1o 20 novembro 2005)
-Xerente do Azkar Lugo F.S. (División de Honra de Fútbol Sala), dende abril do 2005 ata a actualidade.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES