Notas de prensa

Reunións do vicepresidente da Xunta de Galicia cos alcaldes de Sarreaus, A Peroxa, Castrelo de Miño e A Veiga (Ourense)

Anxo Quintana escoitou os principais proxectos municipais.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, mantivo en Ourense unha xuntanza co alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas. No transcurso do encontro, o alcalde explicoulle distintos proxectos que están en marcha no municipio, como a iniciativa que se está facendo na aldea de Couso, onde se están restaurando once casas para adicar toda a aldea a turismo rural. Adamais disto, o mandatario local expúxolle a iniciativa de converter as antigas escolas unitarias das aldeas en locais de reunión para os veciños, así como a posibilidade de ampliación do parque empresarial.












NotaAnxo Quintana reuníuse tamén co alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, para falar das necesidades municipais en diversas materias. O rexedor local explicoulle as demandas do concello en canto a solo industrial e vivendas sociais. Manuel Seoane indicoulle que no concello pretenden poñer en marcha un pequeno parque empresarial, e por outra parte, sinaloulle tamén a demanda moi importante que hai na Peroxa en canto a vivendas sociais.












NotaO vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reuníuse na delegación de Ourense co alcalde de Castrelo de Miño, José Feijoo. No transcurso da xuntanza, o mandatario local expúxolle ao vicepresidente a necesidade de poñer en marcha no municipio unha residencia da terceira idade, xa que se fai moi necesaria debido ao envellecemento da poboación. O alcalde manifestou a boa disposición de Quintana para axudar e colaborar neste proxecto.

Anxo Quintana mantivo un encontro co alcalde da Veiga, Edesio Yáñez, na delegación de Ourense. O rexedor local presentoulle un estudo técnico para a creación dunha estación en Trevinca, xa que consideran que este proxecto sería de importancia vital para o desenvolvemento do oriente ourensán. O alcalde indicoulle a Quintana que o turismo rural e de montaña é unha opción inmellorable para revitalizar a súa zona, unha zona que segundo explicou se está despoboando a un ritmo continuo.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, 2006-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES