Notas de prensa

O presidente da Xunta participa na Coruña no acto de homenaxe ás mulleres no aniversario do Parlamento Galego

Participaron ademais as presidentas dos parlamentos galego, do País Vasco, Andalucía, Asturias e Madrid.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, participou no acto Diálogo coa vida. Diálogo de muller, un acto de homenaxe ás mulleres organizado polo Parlamento de Galicia con motivo da conmemoración dos 25 anos desta institución. O máximo mandatario do Goberno galego afirmou que do que se sente “máis orgulloso” é de ter feito un Goberno “que se parece á sociedade”, un Goberno paritario, “co mesmo número de homes e de mulleres”.

Emilio Pérez Touriño sinalou que este acto de homenaxe ás mulleres con motivo do aniversario do Parlamento foi posible “grazas a que hai unha muller á fronte do Parlamento galego” e considerou que isto “é un sinal de que Galicia avanza na igualdade”.

Na súa intervención, Pérez Touriño sinalou que queda unha tarefa inmensa por diante e fixo un recoñecemento a todas as mulleres “que fan posible un mundo máis habitable e unha sociedade máis xusta”. Por último, indicou que o que máis lle gustaría cando deixase de ser presidente da Xunta “é que Galicia se converta no país da igualdade no traballo, na educación e de oportunidades”.

No acto, que tivo lugar no Reitorado da Universidade da Coruña, participaron ademais as presidentas dos Parlamentos galego, do País Vasco, Andalucía Asturias e Madrid. Tamén asistiu a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES