
O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, salientou a importancia das medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para que os núcleos de poboación da comunidade galega, con máis 500 unidades inmobiliarias, dispoñan de conectividade de banda ampla, no horizonte de 2009. Pérez Touriño fixo estas declaracións durante a súa intervención na primeira reunión plenario do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia desde a toma de posesión do novo Goberno. Na reunión estiveron tamén a conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado e o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández.
O presidente asegurou que o momento actual das telecomunicacións e do audiovisual “é especialmente atractivo e interesante”, xa que se está a vivir un “intenso cambio tecnolóxico”. Neste sentido, explicou que o despegue, xa iniciado, da televisión dixital terrestre vai producir cambios “revolucionarios” no panorama televisivo do que se deberá sacar “a máxima rendibilidade para a sociedade galega”.
Por iso o obxectivo do Goberno autonómico para o ano 2010, data prevista de apagamento das emisións analóxicas é acadar unha cobertura integral das emisións de ámbito autonómico para as cadeas públicas, e ofrecer este servizo de difusión a todas as cadeas que operen na comunidade autónoma.
Para acadar esta meta, a Administración autonómica está a traballar en catro direccións: extensión da rede pública de difusión dixital a través de Retegal; definición, en colaboración ca ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, asà como cos fabricantes, os procedementos de despregue dos aparellos que permitirán encher os ocos non cubertos coa devandita rede pública de difusións; apoio aos concellos para ampliación da cobertura nos seus respectivos ámbitos xeográficos e a sinatura de acordos que garantan a cobertura axeitada daquelas canles non cubertas polo operador público.
Radio dixital
Pérez Touriño indicou que no que respecta á radio dixital, “é necesario actuar con maior lentitude e prudencia” dada a problemática especÃfica técnica e empresarial que presenta o seu desenvolvemento tecnolóxico.
Neste escenario, un dos obxectivos estratéxicos da Administración no eido das telecomunicacións, consiste en achegar todas as comunicacións de banda ancha a toda a cidadanÃa galega, posto que é “un elemento vertebrador fundamental para o desenvolvemento do tecido produtivo e por extensión para toda a sociedade”.
Xunto a este despegue das tecnoloxÃas de difusión dixital, o máximo mandatario da Xunta asegurou que o obxectivo do Goberno é que, no horizonte de 2010, Galicia “esté ao nivel das sociedades europeas mási avanzadas” no acceso aos servizos da sociedade de información.
“É fundamental que reflexionemos” sobre a importancia de actuar neste campo, explicou Pérez Touriño, conforme ás liñas estratéxicas capaces de vincular e comprometer a todos os axentes públicos e privados que traballan no sector. Neste sentido fixo un chamamento á unidade de que todos “traballemos na mesma dirección sen magnificar pequenos desencontros nin crear problemas artificiais”.
Neste aspecto –dixo- “dispoñemos de eficaces ferramentas institucionais e asociativas que facilitan a coordinación de polÃticas e iniciativas”. Salientou o significativo de que o Consorcio Audiovisual de Galicia acolla, por primeira vez, a participación de todos os axentes e todas as instancias que dende a Administración pública están chamadas a desenvolver un papel no sector audioviosual.
Asà mesmo, o titular do Goberno galego sinalou que non se pode esquencer que o sector ten “carencias importantes” no que se refire a artellamento empresarial, dada a “súa excesiva fragmentación, a unha capitalización aÃnda insuficiente e a súa capacidade de distribución”.
Por iso, é un obxectivo real “a contribución decidida” a superar esas carencias mediante polÃticas de apoio á produción, difusión, comercialización, formación, profesionalización e á implantación xeneralizada das novas tecnoloxÃas no sector. Neste sentido, subliñou que o Consorcio “debe ser un instrumento de gran utilidade” para a execución destas polÃticas “nas que sempre contaremos coas suxestións, as ideas e as propostas das empresas do sector.
Situación do sector
O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, expuxo un pequeno informe sobre os principais aspectos en materia de telecomunicacións e audiovisual en Galicia. Asà fixo un repaso pola situación da televisión dixital, a radiodifusión en Galicia, a promoción do sector audiovisual e os telecentros espallados pola xeografÃa galega.
Salgado referiuse ás licencias da televisión dixital terrestre de ámbito local, das que dixo que o Consello da Xunta “tomará proximamente” unha decisión sobre o correpondente concurso. “Estamos nun momento decisivo da implantación da nova tecnoloxÃa dixital”, que nestes momentos chega xa ao 90% da cidadanÃa galega, afirmou.
No ámbito da radiodifusión, explicou que a Administración anterior convocou concursos de concesión de licencias para a dixital con tecnoloxÃa DAB, tanto a nivel autonómico como local. Sen embargo, esta tecnoloxÃa “ven de demostrar que foi unha decsiión precipitada”, explicou Salgado, xa que non existen receptores deste tipo a un prezo razoable e ademais hai problemas técnicos que limitan a súa recpeción no interior dos edificios.
Estas razóns levaron á mesa de contratación a declarar desertos os concursos de radio dixital autónomico e local e será o Consello da Xunta o que tome a decisión definitiva.
O secretario xeral de Comunicación subliñou que no caso da radio, o sistema dixital non é de sustitución, como sucede na televisión. No caso da radio, convivirán os dous sistemas. Salgado insistiu na idea de que a radio analóxica ten en Galicia “un potencial salientable de crecemento que hai que desenvolver con carácter prioritario”. Nesta liña, o Ministerio de Industria “está a piques” de conceder á comunidade autónoma arredor de 100 novas frecuencias de radiodifusión sonora en FM.
Ademais, lembrou que ata o de agora a FM non se realizou en Galicia de maneira harmonizada, e polo tanto “hai tantas emisoras que cumpren as condicións necesarias para operar como emisoras que se atopan en situación irregular”, por iso o novo concurso “suporá unha oportunidade para racionalizar este sector, indicou.
Por outra banda, destacou o valor “estratéxico” do sector audiovisual, un sector que hoxe emprega a unhas 2.300 persoas e que factura arredor de 200 millóns de euros. Na actualidade, “contamos con productoras de recoñecido prestixio” que configuran “o mascarón de proa dun sector que navega cara á súa consolidación”, asegurou.
Axudas públicas
Desde a Xunta estase a definir unha polÃtica de apoio á comercialización e presenza nos mercados en sintonÃa coas necesidades actuais das empresas audiovisuais galegas. Levaranse, entre outras iniciativas, accións formativas para mellorar a profesionalización das produtoras e accións para o fomento da implantación das novas tecnoloxÃas da información. Tamén se establecerán axudas para o fomento de estreas e presentación de obras audiovisuais, asà como para o apoio á organización de festivais e mostras cinematográficas.
Por último, informou da implantación dunha rede de aulas multimedia, que constitúe un medio de comunicación audiovisual necesario para achegar á cidadanÃa programas de formación multimedia e audioviosuais.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodÃa a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co DÃa do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o DÃa da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do DÃa das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co DÃa das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.