
Celebrouse en Compostela a XXXI Asemblea Xeral Ordinaria de ADEGA. Conmemoramos tamén os 30 anos de vida da nosa asociación coa ilusión e o compromiso irrenunciábel de manter viva por moitos anos máis a loita pola defensa do medio ambiente deste País. Como acto central da Asemblea, celebrouse o sábado 25 unha mesa redonda sobre a situación e as propostas de actuación para a Rede Natura Galega. Precisamente, o estado e as ameazas que afectan aos espazos designados LICs (Lugares de Interese Comunitario) pola UE en Galiza, así como as alternativas para a súa conservación e aproveitamento sustentábel, van a ser eixos principais do labor de ADEGA durante este 2006. Neste senso, adoitouse por unanimidade a seguinte resolución:
-Urxir da Consellaría de Medio Ambiente a protección efectiva da Rede Natura fronte a proxectos especulativos e infraestruturas inxustificadas como os parques de tecnoloxía alimentaria, parques eólicos, canteiras, urbanización masiva, etc. Urxir tamén á Consellaría de Industria a revisión do Plano Sectorial Eólico e a inmediata paralización dos proxectos en tramitación mentres non se aproba un novo plano eólico con criterios de sustentabilidade. Tamén, demandamos da CMA unha ampla campaña informativa para dar a coñecer os valores (educativos, científicos) e as oportunidades de desenvolvemento sustentábel que supón a Rede Natura para a cidadanía.
Outras resolucións que a Asemblea de ADEGA considera necesario trasladar á sociedade son:
-Reclamar da Xunta de Galiza o cumrpinento estrito da legalidade e a consecuente paralización das obras da piscifatoría de Rinlo, en Ribadeo, mentres non se dispoña de todas as autorizacións sectoriais precisas.
-Instar á Consellaría do Medio Rural a investigar e informar á cidadanía sobre os efeitos dos pesticidas sistémicos na poboación de abellas e no ecosistema en xeral, así como sobre o uso dos agrotóxicos, propoñendo a súa sustitución por alternativas máis ecolóxicas.
-Solicitar a declaración de Galiza como territorio libre de transxénicos.
-Apoiar á plataforma "Salvemios Monteferro" na súa loita contra os proxectos urbanísticos especulativos neste espazo.
-Solicitar a regulamentación da navegación e fondeos no Parque Natural das Illas Atlánticas de acordo coa lei, para harmonizar as actividades recreativas coa conservación dos recursos naturais.
Finalmente, eliximos tamén unha nova Xunta Directiva, integrada polas seguintes persoas:
ADELA FIGUEROA PANISSE, Presidenta.
VIRXINIA RODRÍGUEZ, Vicepresidenta.
DANIEL LÓPEZ VISPO, Secretario Xeral.
XAN LOUZAO, Vicesecretario Xeral.
ALBERTE SÁNCHEZ, Tesoureiro.
MANUEL SOTO, membro da Comisión Permanente, Vocal de Residuos e Documentación.
XOSÉ SALVADORES, Vocal da Comisión Permanente.
CARLOS LÓPEZ, Vocal da Comisión Permanente.
FINS EIREXAS, Vocal de Enerxía e Ordenación Territorial.
XOSÉ LOIS PIÑEIRO, Vocal de Diversidade Natural.
LUÍS DÍAZ, Vocal de Saúde Ambiental.
RAMSÉS PÉREZ, Vocal de Educación Ambiental.
FERNANDO MALVAR, Vocal de Agricultura Ecolóxica.
MONTSE LOMBARDÍA, Vocal de Voluntariado Ambiental.
ANA GARCÍA, Vocal de Pacifismo e Globalización.
BELÉN RODRÍGUEZ, Vocal de Comunicación.
FLORENTINO FERNÁNDEZ, Vocal de Montes e Medio Rural.
MARCIAL BARRAL, Vocal de Ríos.
ISABELLE KERDUDO, Vocal de Benestar Animal.
FRANCISCO BAÑOBRE, Vocal de Litoral.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.