Notas de prensa

Un libro de OQO Editora recibe unha mención especial nunha selección dos mellores libros para nenos de todo o mundo

-A cousa que máis doe do mundo foi incluído cunha “Special mention” dentro do catálogo WHITE RAVENS que se presentará na Feira do Libro Infantil de Bologna.

A cousa que máis doe do mundo,un conto popular de Costa de Marfil adaptado por Paco Liván, ilustrado por Roger Olmos e editado por OQO, ven de ser seleccionado cunha “MENCIÓN ESPECIAL POLA SÚA CALIDADE LITERARIA E GRÁFICA” no catálogo e na exposición dos WHITE RAVENS, unha iniciativa coa que a Internationale Jugend Bibliotek (IJB) de Munich escolle os mellores libros infantís e xuvenís de todo o mundo. A IJB presentará esta selección no transcurso da Feira do Libro Infantil de Bologna que se celebrará na cidade italiana entre o 27 e o 30 de marzo.

A IJB é unha institución alemá que se dedica ao estudio e divulgación da Literatura Infantil e Xuvenil de todo o mundo. Este ano, seleccionou un total de 250 libros de 32 idiomas e 47 países.

A cousa que máis doe do mundoé unha adaptación para os máis pequenos dun conto da tradición oral de Costa de Marfil, na que unha lebre acaba demostrándolle a unha hiena que a mentira é a cousa que máis doe no mundo, hipótese vai ser demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.

Nesta feira internacional, OQO Editora terá stand propio, no que estará expostas as 18 obras que a editora pontevedresa ten editado desde o seu nacemento, en xullo do 2005. Nestes sete meses de andaina, OQO ten botado a andar tres coleccións de literatura infantil e xuvenil, que abranguen sectores de idade de entre os 4 aos 16 anos: O, Q e FOQO.

Así mesmo, para o día 2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, OQO presentará as seguintes novidades:

MR CORVO, un conto popular turco adaptado por Luisa Morandeira e ilustrado por Maurizio A. C. Quarello

COCORICO,un conto popular turco adaptado por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch

O SEGREDO DO REI CURRO, un conto baseado no mito do Rei Midas, adaptado por Patacrúa e ilustrado por Sergio Mora

PEDRA, PALLA, PAU, un conto popular ruso adaptado por Ana Presunto e ilustrado por Josep Rodés

OQO Editora, 2006-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES