Acadar unha maior axilidade na xestión e multiplicar as actuacións de apoio empresarial son dous dos obxectivos que incluirá o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) no seu novo Plan Estratéxico que está a elaborar. Así o avanzou o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Instituto, José Ramón Fernández Antonio, que explicou a necesidade de reorientar a actividade do mesmo cara a o novo periodo 2007-2013, co fin de contribuir a cambiar o modelo de crecemento baseado no impulso da competitividade, a productividade e a creación de emprego de calidade. Nesa liña, segundo asegurou o conselleiro, Xesgalicia, a sociedade gestora de capital risco participada pola Xunta de Galicia, tamén reorientará a súa actividade dentro do plan estratéxico de acción que desenvolverá nos próximos anos e que terá entre os seus obxectivos aumentar a rotación dos investimentos para acadar unha maior efectividade e efectos multiplicadores no apoio ás iniciativas empresariais.
Fernández Antonio realizou estas consideracións no marco da xornada Instrumentos da Xunta para o apoio financeiro ás empresas celebrada no marco do Foro de Iniciativas e Negocios do Club Financiero Vigo. Ante un centenar de empresarios, o conselleiro de Economía explicou a importancia da nova estratexia de Igape e Xesgalicia ante o inicio, o próximo ano, dun novo periodo presupostario no marco da Unión Europea no que, indicou, tanto as empresas como o conxunto da sociedade galega terá unha grande oportunidade para impulsar o crecemento e a converxencia. Factores como a innovación, a formación, o aproveitamento das novas tecnoloxías, ou a internacionalización figuran nas prioridades do Goberno galego e están recollidas nos presupostos do presente ano respondendo, ademais, ás liñas da Axenda de Lisboa que promove a Unión Europea.
Neses sentido, o conselleiro defendeu a necesidade de que a Administración acompañe ás iniciativas empresariais con políticas ben orientadas que actúen de impulso e catalizador de novos proxectos. Fernández Antonio recordou que a promoción dos valores de risco e emprendimento son elementos básicos das accións de fomento empresarial do Igape e responden a valores esenciais dentro dunha estratexia de crecemento, internacionalización e creación de emprego que ten como fundamento valores como a confianza nas propias forzas e nas oportunidades, e o espíritu de logro e resultados, fronte aos temores, ao victimismo e á resistencia ao cambio. Mostra desa nova visión de futuro, o conselleiro destacou o impulso que se está a dar dende o Igape a cultura do emprendimento como reflexa o desenvolvemento do Foro do Emprendedor nunha iniciativa dirixida a catalizar e fortalecer mecanismos áxiles ao servicio das vocacións e novos proxectos empresariais.
Bo clima económico
Tras aludir á importancia de Vigo como motor económico de Galicia e centro de innovación, José Ramón Fernández Antonio destacou o clima de confianza económica e empresarial que se está a vivir actualmente. Os últimos datos de crecemento con taxas que triplican as existentes na UE-15-, o dinamismo do investimento produtivo e a creación de emprego, ou o bo comportamento das exportacións son indicadores elocuentes, segundo afirmou, do bo panorama actual.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.