
O 7 de abril chegará aos cines españois a A Casa da miña avoa, unha longametraxe documental dirixida por Adan Aliaga e producida por IBE cinema que foi presentada en Play-Doc, o II Festival Internacional de documentais de Tui, dentro da sección oficial Atlántico. O seu produtor Xosé Zapata explicaba en rolda de prensa a especial vinculación da empresa co mundo documental e que no caso concreto de A Casa da miña avoa foi un paso máis nos traballos que están a realizar vinculados a Galicia ao tratase dunha longametraxe e pola promoción internacional que está ter. Aínda que o director é valenciano e a historia transcorre en Valencia, a tradición popular e a idiosincrasia que amosa ten moito que ver coa galega, segundo Zapata.
Este documental foi xa premiado o ano pasado en Amsterdam e vén de recibir nos últimos días mencións especiais nos festivais de Miami e Chicago. Logo de estar en Play-Doc continuará a súa andaina nos festivais de Oslo, Tesalónica, Tel Aviv, Nueva York, Toronto, Guadalajara-Mexico, Seul e Sidnye.
Xosé Zapata, con ampla experiencia en festivais internacionais, destacou que Play-Doc é un festival exemplar destacando que o nivel deste festival é moi interesante e máis tendo en conta que é a súa segunda edición e engadindo que o nivel de profesionalidade que destila é bastante impresionante.
Tamén destacou Xosé Zapata que o rexurdimento do documentalismo español está a interesar moito en Europa por iso en Amsterdam nos premiaron como bandeira do documental español e engadiu que A casa da miña avoa está a ser unha referencia o que contribúe a que o noso cine sexa recoñecido fora e teña un prestixo fora do que é Almodovar. Por todo isto concluía que play-Doc dentro do rexurdir do documental en España é imprescindible para que o público se achegue a estas obras. Indicaba tamén Xosé Zapata que ao tratarse dun dos poucos festivais especializados en documentais se o fai ben e ten o apoio das institucións está chamado a ser un éxito, consolidarse e lograr repercusión internacional.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.