
O embaixador de Bosnia e Herzegovina en España, Josip Brkic, comunicou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o interese deste país nunha irmandade entre unha das súas cidades e Santiago de Compostela. O embaixador bosnio e o titular do Executivo galego abordaron esta cuestión no transcurso dunha reunión nas dependencias institucionais da residencia oficial de Monte Pío, na que tamén participou o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino.
Durante aproximadamente tres cuartos de hora, o presidente da Xunta e o embaixador bosnio tiveron ocasión de poñer en común a súa visión sobre a situación económica e política de Bosnia e Herzegovina, en particular nos aspectos relacionados co seu proceso de adhesión á Unión Europea.
Tras explicar que o país balcánico está na fase de aplicación do pacto de estabilidade para ser recoñecido como candidato á adhesión, Josip Brkic precisou que xa esta a recibir axudas europeas. O embaixador espuxo a Pérez Touriño o interese do Goberno bosnio nas relacións políticas, económicas e culturais con toda España, que están a medrar, e sobre todo nas relacións comerciais.
O presidente da Xunta de Galicia ofreceu a Brkic a posibilidade de facer unha irmandade entre a capital galega e unha cidade bosnia. O secretario xeral de Relacións Exteriores explicou que está proposta foi plantexada de acordo co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e no marco do proxecto de alianza de civilizacións impulsado polo presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero. Esta irmandade poderá traducirse nun futuro nunhas especiais relacións entre Santiago e a cidade bosnia elixida, afirmou Gómez-Reino, quen apuntou como posibles candidatas a Sarajevo, Móstar ou Tuzla.
Este acordo estreitará aínda máis os lazos entre Bosnia e Herzegovina e España, posto que Sarajevo xa está irmandada con Barcelona, debido ao estreita contacto que alí mantivo o entón acalde barcelonés, Pasqual Maragall, durante a guerra dos Balcáns. Tamén hai outra irmandade entre Móstar e Zaragoza, porque as tropas zaragozanas que se trasladaron a Bosnia durante a guerra tiñan a súa base en Móstar.
O presidente da Xunta agasallou ao embaixador bosnio cun libro sobre as catedrais de Galicia. Pola súa banda, Josip Brkic entregou ao mandatario galego un libro do premio Nobel de Literatura bosnio Ivo Andric.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.