Notas de prensa

Galicia manifesta a Zapatero e Ibarretxe o apoio do Goberno no proceso de paz

* Emilio Pérez Touriño informou da comunicación que tivo con ámbolos dous mandatarios para trasladarlles o apoio “sen fisuras” do Goberno galego neste proceso * O presidente da Xunta manifestou que comparte totalmente a afirmación de Zapatero de que “é un camiño que temos que percorrer todos xuntos” * Reitera a necesidade de que o Estatuto recolla un compromiso inversor do Estado con Galicia, que cifra nun 8%

Emilio Pérez Touriño explicou que a declaración de tregua feita por ETA abre “un tempo de esperanza onde a unidade entre as forzas políticas debe ser un ben prezado, a mimar, consolidar e coidar”. Neste sentido, o presidente da Xunta amosouse convencido de que é “un camiño que temos que percorrer xuntos”. “Non é unha cuestión de partido, senón de país”, polo tanto “é esencial a unidade permanente”, manifestou.

Nesta liña, afirmou que “estamos ante un camiño longo, duro e difícil”. E, “non cabe senón ter presente, nun primeiro espazo de atención ás vítimas, así como o seu dolor”, ao tempo que destacou a importancia de establecer unha solidariedade permanente coas mesmas. O máximo mandatario da Xunta fixo ademais un chamamento a “unha autorrecomendación de prudencia e cautela”.

Así mesmo, expresou o seu convencemento de que debe ser o Goberno central o que “marque as pautas de por onde debe ir este proceso”. “O que cabe é apoialo e manter unha unidade sen fisuras”. Neste sentido, insistiu que debe ser o Goberno de España quen debe apuntar “ritmos, mecanismos e procedementos” e, o que corresponde aos demais é “brindar o apoio e ser prudentes e non introducir elementos de división”.

A este respecto, o xefe do Executivo galego informou, tras a reunión semanal do Executivo, que onte mesmo púxose en contacto co presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e co lehendakari vasco, Juan José Ibarretxe, para transmitir “o apoio leal da nosa comunidade ao que sexa oportuno”.

Para o presidente da Xunta neste momento “sobran axudas e son fundamentais os silencios activos e comprometidos de apoio” aos que teñen a responsabilidade, en nome de todos, de “sacar esto adiante e de levar este proceso a bon porto”, argumentou.

Estatuto

O presidente da Xunta indicou que as declaracións do secretario xeral de Organización do PSOE, José Blanco, sobre a reforma do Estatuto de Galicia amosan que, desde a sede central do partido, “asumen e comparten” a idea manifestada en varias ocasións polo presidente da Xunta na dirección de que o novo Estatuto deberá recoller cláusulas que garantan un compromiso inversor importante para Galicia.

Neste sentido, Pérez Touriño lembrou que xa explicara hai tempo que, en materia de financiamento, o novo texto terá que incluír os factores diferenciación e especificidade de Galicia como son a dispersión e a poboación. “Trátase de factores singulares propios da comunidade que deben levar un compromiso inversor determinado”, unha inversión que o presidente ten calculado nun o 8% da inversión do Estado. “É positivo que desde o PSOE se asuma a idea plantexada pola maioría parlamentaria de Galicia” nesta materia, subliñou.

“Estou seguro de que imos acadar un compromiso inversor para Galicia” e neste sentido “o importante é que todos teñamos claro a especificidade clara de Galicia para conseguir a mellor fórmula de financiamento no seu Estatuto, concluíu.

Emigración

O titular do Executivo autonómico valorou de xeito positivo que o PPdeG “participe activamente no proceso de reforma do Estatuto”, en referencia á proposta feita polo PPdeG en relación coa emigración e a súa inclusión no cómputo poboacional. Neste sentido, asegurou que “é un bo síntoma”. “Doulle máis importancia ao feito que á proposta en si”, explicou, ao tempo que indicou que agora compete á ponencia parlamentaria valoralas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES