Notas de prensa

O Comité Galego de Xustiza Deportiva inicia unha nova etapa con Carlos Borrás coma presidente

• O avogado vigués manifestou o seu desexo de darlle maior axilidade á dita institución • O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, destacou que “espero que esta nova etapa redunde nun bo traballo en favor do deporte”

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez OIveira, presentou ao avogado vigués Carlos Borrás Sanjurjo, coma novo presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva. Precisamente, o nomeamento saíu publicado hoxe mesmo no Diario Oficial de Galicia (DOGA).

Domínguez explicou que o desexo da Dirección Xeral era o de darlle un aire novo a este comité, aínda que agradeceu o traballo do anterior presidente, Julio Pedrosa, que recentemente presentou a súa dimisión. “Esperamos que esta nova etapa redunde nun bo traballo co obxectivo de servir ao deporte”.

Desta forma, o letrado explicou que afronta este reto coa intención de darlle continuidade a un traballo ben feito, pero “tamén dándolle un aire de renovación de cara á institución que o tutela”. Borrás subliñou que o comité está formado por cinco persoas, que se reúnen todos os meses. “É un comité con bastante traballo xa que ten unha media de 60 resolucións ao ano e temos que aplicar sensatez, proporcionalidade e a máxima celeridade para que as decisións sexan útiles”.

Carlos E. Borrás Sanjurjo (Vigo, 28-10-44), casado en con tres fillos, é un avogado de recoñecido prestixio que desenvolver a súa carreira profesional en Vigo dende o ano 1971,. Ademais, conta cunha boa experiencia no mundo deportivo xa que “durante algúns anos asistín a xogadores do Celta e doutros clubs galegos cando foi a folga de futbolistas ou en conflictos por impagos”. Neste senso, Santiago Domínguez destacou que foi o letrado designado pola Dirección Xeral para asistir a Gómez Noya no conflito pola retirada da súa licenza federativa”.

Actualmente, o Comité Galego de Xustiza Deportiva, cuxo mandato finaliza no 2007, está formado por Carlos Borrás Sanjurjo, Germán Rodríguez Conchado., Francisco Javier Costas Portela, Roberto Pérez López e José Ramón Varela Puga.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES