Notas de prensa

Doce asociacións de fútbol de Galiza e Portugal participan na Copa Gallaecia

• O torneo de fútbol sub 18 disputarase entre o 26 de maio e o 27 de agosto • O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, pediu a colaboración dos colectivos lusos para conseguir que o próximo partido da selección galega sexa contra Portugal

Doce asociacións de fútbol de Galiza e o norte de Portugal participarán na primeira edición da Copa Gallaecia, que se celebrará entre o 26 de maio e o 27 de agosto.

Tivo lugar o acto de presentación desta copa, no que participaron representantes das federacións lusas participantes (Braga, Bragança, Porto, Viana do Castelo, Vila Real), o presidente da Federación Galega de Fútbol, Julio Meana, (en representación dos equipos de Vigo, Pontevedra, Lugo, Santiago, A Coruña, Ourense e Ferrol) , así como o concelleiro de Deportes do Concello de Santiago, Manolo Portas, -o evento será organizado pola Fundación Compostela Deporte- e o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira. Ademais de presentar a competición, tamén se explicou o regulamento e procedeuse ao sorteo dos grupos da fase de clasificación.

O representante da asociación de fútbol de Braga, Carlos Coutada, manifestou a súa satisfacción polo nacemento deste torneo xa que “vai fortalecer eses lazos históricos existentes entre Galiza e Portugal”. Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Julio Meana, destacou que “hoxe é un día histórico por esta unión entre os pobos, porque o fútbol é un deporte que debe unir e eso é o que debemos transmitir aos nosos nenos”.

A Fundación Compostela Deporte é a promotora deste torneo e no seu nome falou Manuel Portas, quen expresou a seu agradecemento a todos aqueles que se mostraron encantados de cooperar en levar adiante esta idea: “Teño que destacar a gran aceptación de todas as persoas coas que contactamos. Desta forma, por primeira vez imos organizar un torneo de fútbol base no que o máis importante non é o resultado, senón o feito de expandir os auténticos valores do deporte entre a xente máis nova”.

Por último, subliñar que o director xeral para o Deporte destacou que “o deporte e a cultura unen, non separan, igual que o fai o río Miño que é un vínculo de unión entre pobos irmáns”. Domínguez rematou pedindo a colaboración das asociacións de fútbol portuguesas para conseguir que o próximo partido da selección galega de fútbol sexa contra Portugal.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2006-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES