Notas de prensa

Deportistas con Discapacidade Intelectual de Special Olympics Galicia competiron na Coruña en deportes minoritarios

Arredor de 350 deportistas de toda Galicia participaron na undécima edición dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios para Persoas con Discapacidade Intelectual que Special Olympics Galicia celebra cada ano na cidade da Coruña

Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, organizou un ano máis os Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios na cidade da Coruña coa colaboración de FADEMGA FEAPS GALICIA e da Asociación coruñesa ASPRONAGA. O sábado 18 de marzo a cidade coruñesa volcouse cos deportistas de Special Olympics Galicia que competiron nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor nas modalidades de petanca, tenis de mesa e badminton demostrando que existe un excelente nivel nestes deportes en Galicia.

Os Xogos Autonómicos tamén contaron con probas adaptadas para as persoas con discapacidade intelectual que teñen máis problemas á hora de realizar movementos físicos. Estas probas consistiron en salto dinámicos, rodar, raquetas e pelotas, bowling, tiro á porta e lanzamento de precisión.
O evento contou coa presenza de parte da corporación municipal da Coruña; así como co Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez; e a Delegada provincial e integrante da corporación municipal Margarita Vázquez Veras, que dirixiron unhas palabras aos participantse momentos antes de que o Concelleiro de Deportes da Coruña, Esteban Mª Lareo Fernández, procedera á inauguración oficial da undécima edición destes Xogos Autonómicos.
O evento deportivo contou tamén cunha exhibición do equipo de ximnasia rítmica do Club Santiago Apóstol da Coruña, que demostrou porqué é o actual Campión de España na súa modalidade. O equipo coruñés gañou recentemente o Campionato de Ximnasia Rítmica celebrado na Coruña pola FEDDI (Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Intelectual).


Nota


A celebración destes Xogos seguiu o ceremonial das celebración das Olympiadas. Os deportistas das 22 asociacións participantes desfilaron polas instalacións antes do desfile das bandeiras de Galicia, A Coruña e de Special Olympics. Posteriormente un deportistas da Asociación Aspronaga leu o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento”.

O número de participantes nos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios deste ano 2006 aumentou con respecto ao pasado ano de 542 persoas a 574 nesta nova edición. As asociacións de toda Galicia que participaron foron un total de 22 asociacións das catro provincias galegas que desplazaron a un total de 346 deportistas con discapacidade intelectual e 102 adestradores á Coruña. Nos Xogos tamén colaboraron un total de 85 voluntarios e 41 persoas entre integrantes da organización e persoal de Cruz Vermella, Protección Civil, árbitros, etc… A participación nos Xogos foi de 574 persoas entre deportistas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización.

Nesta nova edición cabe destacar un aumento da participación en certas disciplinas como a PETANCA onde a participación o pasado ano era de 48 deportistas e este ano ascendeu a 92. De feito este ano dende Special Olympics España organizouse o primeiro Encontro de Petanca e Tenis de Mesa en Zaragoza celebrado en novembro do 2005 e no que Special Olympcis Galicia participou con éxito. Os deportistas de Special Olympics Galicia lograron cinco medallas de ouro, dúas de prata e outras dúas de bronce.

Cristina Díaz , 2006-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES