O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez OIveira, anunciou que a Semana do Atlántico será declarada evento estratéxico deportivo galego, en recoñecemento á valía deste proxecto que é moito máis que unha regata, é un punto importantísimo do plan estratéxico dos deportes náuticos. Domínguez explicou que o seu departamento está a traballar neste momentos na definición deste proxecto sobre eventos estratéxicos deportivos galegos, pero xa podo anunciar que a Semana do Atlántico será o primeiro evento que reciba o dito galardón.
Esta declaración tivo lugar durante a presentación da Semana do Atlántico Caixanova, que se desenvolve entre o 25 de setembro e o 22 de outubro. Ao dito acto asistiron o director de marketing de Caixanova, Jorge Santos; o presidente do Náutico de Vigo, Franco Cobas, o presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez, a concelleira de Deportes de Vigo, Lucía Molares e o director xeral para o Deporte.
O máximo responsábel do Deporte Galego agradeceu o traballo dos organizadores, de Caixanova, do Náutico: Quero animarvos a seguir traballando nesa liña, agora non podemos parar. Desta forma, anunciou o apoio do Goberno autónomo a esta Semana que é moito máis que un proxecto deportivo: Como acaba de dicir Jorge Santos, esto é para as nenas e os nenos galegos e só por estas palabras xa o estades a facer moito mellor que a Volvo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.