
Á Mesa asistiu Marta Souto (Delegada de Cultura de Pontevedra). Ademáis de Brinquedia e da Federación de Bolos, participaron na Mesa vários (non muitos) clubes da Liga do Baixo Miño e Val Miñor, así como a ARCASCO (d'A Órrea - Riotorto) e un representante da Liga de Xove. Houbo tambén adesións por escrito deculpando a ausencia mais interesando o resultado desta convocatória pola parte de xogadores de Punxeiro (Viana do Bolo), Caxide (Quiroga) e Cubelas-Cedofeita (Ribadeo). Estiveron presentes polo tanto 3 variedades de birlos, que todos os asistentes puderon coñecer e xogar.
O ambiente, as palabras e as intencións amosadas polas distintas entidades e persoas alí presentes -a verdade- foron bastante positivas. falou-se da situación da federación, da súa participación no Campionato español e da necesidade dumha maior implicación da Xunta e doutras Administracións.
Por concretar a cousa, aquendou-se en realizar un "Censo de modalidades", fazer unha recompilación de todas as variantes coñecidas do xogo de birlos (as que se seguen a praticar e as que se deixaron de praticar) e convocar un I Encontro Galego de Birlos/Bólos, que podería ser o remate das distintas Ligas, ou podería coincidir co Encontro Internacional que ten programado a Federación entre 26 e 28 de maio.
Apartir de aquí mesmo podería-se programar umha competición regular galega, ou deixar o asunto en 1 ou 2 encontos anuais. Tambén entón entraría a Xunta a apoiar á Federación e ás distintas práticas, implicando á CRTVG e as infraestruturas e estruturas precisas para a celebración desas xuntanzas.
En liñas xerais a isto foi ao que se chegou na 1ª xuntanza da Mesa dos Birlos. Desde Brinquedia poñemo-nos xá a traballar na 1ª edición da Mesa da Chave, con semellantes intencións con outro dos desportes tradicionais con maior número de participantes e sen Federación propia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.