
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e o Presidente do Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina (INCAA), Jorge Álvarez, asinaron en Mar del Plata un convenio de colaboración para estreitar os lazos de cooperación entre o cine galego e o arxentino.
En concreto, o Instituto Nacional de Cine Arxentino comprometeuse a organizar unha semana de cine galego en setembro de 2006 en todas as salas do instituto así como a crear unha sección especial de cine galego dentro do Festival Internacional de Pinamar. Pola súa banda o Goberno galego organizará unha mostra de cine arxentino en Galicia e iniciará conversacións para establecer sistemas de distribución cinematográfica entre Galicia e Arxentina.
O Presidente da Xunta, que foi nomeado huesped de honor da cidade de Mar del Plata, afirmou na sinatura do convenio que acabamos de escribir unha nova páxina en materia de cooperación cinematográfica entre Galicia e Arxentina. A industria do cine, permítenos reforzar os entrañables vínculos que a historia e a cultura teceron entre os nosos países.
Touriño destacou os proxectos de cooperación levados a cabo nos últimos anos como Cama adentro; No sós vos, soy yo ou Trawnco reunidos junto al agua e sinalou que están en fase de producción títulos como: Abrígate, El ratoncito Pérez e La velocidad funda el olvido.
O presidente do Goberno asegurou que Galicia, gracias ao esforzo e creatividade dos seus emprendedores e profesionais do sector, está a desenvolver unha industria audiovisual que xa empeza a gozar de prestixio máis alá das nosas fronteiras, e sinalou que o sector audiovisual é estratéxico nas prioridades do Goberno que presido.
Presenza de empresas galegas
No acto de sinatura deste acordo estiveron presentes numerosos directores e actores do cine arxentino, como o actor Eduardo Blanco, así como empresas do sector audiovisual galego, que aproveitaron o Festival Internacional de Cine de Mar del Plata para estreitar relacións comerciais cos productores arxentinos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.