O parque comarcal de bombeiros do Morrazo comezará a funcionar este verán segundo afirmou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, durante unha visita ás súas instalacións. Deste xeito, se avanza na cobertura do territorio en Galicia o que vai permitir mellorar a asistencia a incendios e situacións de emerxencia.
As obras do futuro parque bombeiros da comarca do Morrazo estarán rematadas nos vindeiros meses para que estas instalacións podan entrar en funcionamento de cara ao verán. Asà o afirmou Méndez Romeu durante unha visita ás instalacións, en obras, en Bueu. O titular de Presidencia asegurou que con esta apertura se mellorará o sistema de cobertura en Galicia posto que o actual deixa moitas areas de territorio carentes dun servizo profesional. O conselleiro de Presidencia engadiu que a Xunta ten previsto completar ”de aquà ás eleccións municipais de 2007” a rede de parques comarcais e ao mesmo tempo por en funcionamento unha nova estrutura máis ambiciosa que implique a profesionalización do meirande número de efectivos posibles.
Segundo Méndez Romeu, para lograr un nivel de cobertura “semellante ás medias do estado español” a Xunta está a manter conversas cos concellos e consorcios comarcais afectados e tamén coas grandes cidades que vexan afectada a comarcalización dos seus servizos. O obxectivo final da reforma do sistema actual de parques comarcais é acadar un alto nivel de profesionalidade para garantir aos cidadáns das grandes urbes e dos concellos que “ante calquera emerxencia van estar razoablemente atendidos nun tempo prudencial”.
Durante a súa visita, o conselleiro de Presidencia estivo acompañado pola delegada provincial en Pontevedra, MarÃa del Carmen Larriba GarcÃa, que sinalou que os medios materiais xa están adxudicados a disposición do parque para que poida empezar a operar en canto se produza a súa apertura. Polo momento, só está pendente a adxudicación da empresa que se encargará da súa xestión e a selección de persoal.
A Lei de Emerxencias estará no Parlamento no verán
Méndez Romeu afirmou que igualmente se espera que para o verán se leve ao Parlamento a Lei de Emerxencias que marcará “claramente” as obrigas de cada administración pública e definirá o mecanismo de financiamento establecendo “qué porcentaxe lle corresponde aos concellos, en qué medida deben participar as deputacións e en qué medida debe participar a Xunta de Galicia”. Ao respecto, Méndez Romeu afirmou que a situación actual en Galicia ten “unha relativa disparidade con situacións de agravio comparativo que dificultan establecer acordos de comarcalización” polo que de non solucionarse estes conflitos nas vindeiras semanas, deberá ser a lei galega a que os resolva.
Asà mesmo, a Lei de Emerxencias deberá regular distintos aspectos relacionados cos labores que deben levar a cabo os mandos e os voluntarios. Neste sentido, o titular de Presidencia afirmou que a nova lei estruturará o mando unificado en situacións de crise, afrontará “un problema histórico” como é a formación do persoal que presta servizo nas emerxencias e regulará dun xeito “máis ambicioso as funcións de colectivos altruÃstas” como son as agrupacións de voluntarios de Protección Civil e moitos outros que teñen un papel importante na cobertura das emerxencias.
Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolÃdase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do paÃs, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a ConsellerÃa oferta diversas modalidades.