Notas de prensa

A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena quere amostrar o seu abraio por toda a situación que acabou desembocando na dimisión da directora do C.D.G., Ánxeles Cuña.

Respeitando as decisións persoais que cadaquén poida tomar no deseño da súa vida profesional, causa extrañeza que os técnicos do I.G.A.E.M., ou quen teña encomendada esa tarefa, necesitasen tanto tempo para ditaminar a imposibilidade legal de redactar un contrato segundo as condicións previas que no seu momento pediu Ánxeles Cuña para aceptar a dirección do C.D.G.

A nosa Asociación non pode ser contraria ao exercicio do rigor legal por parte dos entes encargados da xestión cultural, rigor que, polo que se ve, non se aplicou na etapa anterior, pero lamenta que ese exercicio só se manifeste, cando menos polo de agora, como atranco e factor retardatario do desenvolvemento dun proxecto que, a estas alturas da temporada, xa non pode retrasarse máis. Esiximos por tanto que ese mesmo rigor se aplique tamén en todo o que atinxe á eficacia e optimización do labor do I.G.A.E.M., que sexa un rigor dinámico e potenciador e non só un rigor meramente legalista.

Así pois instamos a quen corresponda a que emprenda as reformas estruturais e normativas necesarias para que o I.G.A.E.M. e as súas unidades poidan ser entes áxiles e imaxinativos no seu funcionamento administrativo, para que tamén poidan incorporarse aos seus cargos directivos profesionais válidos e ilusionados que queiran cubrir unha etapa da súa vida á frente das devanditas unidades sen por iso vérense abocadas a perderen a súa seguridade laboral futura, co risco que iso supón de que os tales postos directivos se convertan en táboas de salvación ás que aferrarse indefinida e acriticamente.

Por outra parte requerimos que o posto vacante se cubra de inmediato, e solicitamos do novo director ou directora do C.D.G. que, entendendo as especificidades do seu criterio e respeitando a súa liberdade de acción, trate de aproveitar ao máximo as enerxías postas en marcha no camiño recén iniciado, para evitar así no posíbel os perxuízos que poidan ocasionarse aos profesionais do sector e, sobre todo, á dinámica da actividade teatral no país.

Cándido Pazó, presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, 2006-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES