A esta convocatoria asistiron profesores e expertos de diversas Comunidades Autónomas: Andalucía, Aragón, Castela-León, Cataluña, Galicia, Madrid; e de Portugal.
A preparación para un uso responsable dos medios, a ensinanza da comunicación audiovisual na escola, faise máis necesaria que nunca na formación dunha cidadanía crítica e o reforzamento do propio sistema democrático. Esto é así porque a mocidade actual cada vez está máis exposta á influencia das diversas pantallas. Un neno español pasa arredor de dúas horas e media diarias vendo a televisión. A isto hai que engadirlle o consumo de videoxogos e o cada día máis crecente uso do teléfono móbil como forma de acceso a redes e de intercambio de documentos multimedia.
Contrasta o alarmismo de informacións que presentan o uso dos novos medios por parte dos rapaces desde unha perspectiva exclusivamente negativa (a grabación de actos violentos que despois se difunden por Internet) co feito de que non se prevexa unha educación dirixida a promover un bo uso destes medios.
Formación de profesorado
O Consorcio Audiovisual considera que a educación en comunicación audiovisual debe reforzarse desde a propia formación do profesorado e tamén na elaboración do currículo e dos materiais escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
Os expertos reunidos consideraron que, a propósito da formación do profesorado, é necesario establecer un contido formativo común en comunicación audiovisual e multimedia que abarque aspectos como os novos medios na Sociedade do Coñecemento e a súa importancia na formación dos escolares como usuarios críticos de estas novas pantallas.
Os expertos reunidos abordaron o desenvolvemento dos contidos concretos propios da educación en comunicación audiovisual na Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Estes contidos baséanse no coñecemento das linguaxes, as técnicas e as diversas formas de expresión comunicativa, entre outras.
Os expertos consideraron esencial que o desenvolvemento da nova Lei de Educación teña en conta, entre as súas prioridades, a educación en comunicación audiovisual e multimedia.
Entre outras medidas, o grupo de expertos reunido en Santiago reafírmase na necesidade de incorporar á educación en materia de comunicación no desenvolvemento curricular da ensinanza obrigatoria. Proponse ademais a creación dunha materia optativa, de oferta obrigada por parte de todos os centros, dentro da Educación Secundaria obrigatoria e post-obrigatoria, centrada na comunicación audiovisual e multimedia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.