Notas de prensa

Pérez Touriño anuncia a creación en Bos Aires dunha delegación da Xunta de Galicia

* O presidente galego fixo este anuncio ante unhas 7.000 persoas que se congregaron na presentación do programa GALICIAune na Arxentina * O mandatario autonómico adianta que a partir do mes de xullo elaborarase un rexistro dos galegos no exterior * Destaca que o futuro Estatuto de Galicia recollerá a figura do Valedor do Emigrante como unha das institucións da comunidade

O presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, anunciou en Bos Aires que a capital arxentina contará cunha delegación da Xunta de Galicia para a atención e difusión de información dos galegos no exterior, con independencia de se pertencen ou non a algún centro galego. As súas palabras foron acollidas cun caluroso aplauso das aproximadamente 7.000 persoas que se congregaron nun xantar no recinto feiral La Rural de Bos Aires, onde se celebrou a presentación do programa da Secretaría Xeral de Emigración, GALICIAune.

O presidente da Xunta destacou que a vontade do novo Goberno galego é “unha Galicia da transparencia, de respecto á soberanía e da solidariedade”. “Por iso estou aquí, para renovar o compromiso perenne de Galicia e España con todos vós”, recalcou, tras poñer á colectividade emigrante como exemplo “da Galicia da unión e da cooperación”.

Pérez Touriño argumentou que unha administración aberta “ten que estar preto da cidadanía”. Así pois, tal e como hai delegacións da Xunta “na Coruña, Ourense ou Pontevedra”, explicou, tamén é necesaria na capital dun país como Arxentina, no que se concentran tantos cidadáns de Galicia.

O máximo mandatario galego precisou que a futura delegación da Xunta en Bos Aires funcionará como “punto de atención, información e de referencia” para que todos os emigrantes poidan “sentir preto ao Goberno de Galicia”. Será “un espazo para os galegos que estean ou non nun centro”, explicou, para prestarlles “todo o apoio e información que precisen”.

Así mesmo, o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, destacou a posibilidade de constituír unha rede mundial de empresarios e emprendedores de orixe galega que, apoiándose nas novas tecnoloxías de información e comunicacións, actúe como catalizador das oportunidades de negocio para as empresas e abra posibilidades de captación de investimentos para Galicia. Fernández Antonio fixo esta valoración durante a inauguración da Exposición Galicia UNE, en Bos Aires dentro dos actos da viaxe institucional do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a Arxentina e Uruguai., Pérez Touriño anunciou que a partir do vindeiro mes de xullo será elaborado un rexistro de galegos no exterior, “aproveitando as novas tecnoloxías, a través da rede”. O proxecto permitirá que “todos os galegos, vivan onde vivan, poidan estar neste rexistro e ter, en tempo real, acceso a todas as iniciativas e axudas do Goberno da Xunta de Galicia”.

O presidente galego tamén avanzou que o futuro Estatuto de Galicia recollerá nun dos seus apartados a figura do Valedor do Emigrante como unha das institucións da Comunidade Autónoma, como unha mostra máis do compromiso do Goberno autonómico “nesta liña de proximidade e respecto”.

No transcurso da súa intervención, que foi introducida polo secretario seral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, o presidente da Xunta manifestou o agradecemento do pobo galego a todos aqueles que no seu día tiveron que emigrar: “Ser galego en Galicia é fácil. O difícil é transmitir a dignidade e o orgullo de ser galego aos seus fillos a 12.000 quilómetros de Galicia”, destacou. Nesta liña, recordou que “a emigración non é soamente figuras senlleiras, senón a obra anónima de familias que viaxaron polo mundo buscando a súa senda para atopar o seu futuro”. “Nunca poderemos pagar esa débeda”, recoñeceu.

Exposición GALICIAune

Antes do xantar, Emilio Pérez Touriño presidiu o acto de apertura da exposición organizada por GALICIAune no mesmo recinto feiral, na que numerosos presidentes de centros galegos na Arxentina o acompañaron na súa visita aos stands. O obxectivo da mostra, que conta con 18 expositores, é difundir as potencialidades dos sectores e empresas punteiras de Galicia, ante o posible establecemento e fortalecemento de lazos de colaboración.

NotaTras unha intervención do conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, o presidente galego fixo un chamamento “ao esforzo e colaboración” entre os empresarios de ambos lados do Atlántico para “avanzar a partir do acadado”. Reiterou o compromiso do novo Goberno autonómico a favor de que “a cooperación exterior nos campos tecnolóxico, científico e cultural” constitúan “o novo sinal de identidade para avanzar xuntos en novos escenarios”. Pérez Touriño argumentou que “Galicia será o que sexa capaz de facer a rede de emprendedores e destacou que “non é tarefa de un día, senón de moitos anos”. Unha tarefa, recoñeceu, “non é dun día, senón de moitos anos”. “Unha Galicia moderna, plural, pódese atopar cunha Arxentina con esperanza e en crecemento”, concluíu.

Gabinete de Comunicacion da Xunta de Galicia, 2006-03-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES