
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, asistiu en Madrid ao acto de inauguración do Salón Internacional do Estudante e a Oferta Educativa ‘AULA 2006Â’, que estivo presidido pola Infanta Dª Elena de Borbón, e no que tamén participou a ministra de Educación e Ciencia, MarÃa Jesús San Segundo.
Durante a inauguración, a Infanta Dª Elena de Borbón detÃvose no stand de Galicia e interesouse polas ofertas universitaria e de ciclos de formación profesional desta Comunidade Autónoma.
En declaracións a medios de comunicación, a conselleira de Educación cualificou o Salón como “unha oportunidade para presentar o Sistema Universitario de Galicia (SUG)” e informar da “oferta de titulacións, tanto de doutoramento, futuros másteres e das actuais licenciaturas e enxeñerÃas”. Neste sentido, Laura Sánchez Piñón salientou que durante as horas que leva aberto, o stand do SUG xa foi visitado por un considerable número de estudantes.
A Administración educativa comparte stand en Aula 2006 coas tres universidades galegas no que dan conta da oferta educativa superior na Comunidade galega. Esta iniciativa responde a un dos obxectivos da ConsellerÃa de Educación para o ano 2006; isto é, promocionar e difundir o SUG. Laura Sánchez Piñón visitou tamén o stand de Galicia e puido comprobar como se inclúen as principais novidades do ensino universitario para o próximo curso, como son a oferta de másteres públicos.
Neste sentido, a conselleira de Educación lembrou que Galicia ofertará 22 másteres de posgrao a prezos públicos dos 300 que se ofrecerán en todo o Estado. Laura Sánchez Piñón eloxiou o feito de que varios másteres sexan interuniversitarios, ao que se referiu como “unha boa decisión das tres universidades“ que contribúe a potenciar o Sistema Universitario de Galicia e a ofrecer unha imaxe máis compacta do SUG.
O stand, dunha superficie de 52 metros cadrados, está atendido por funcionarios de orientación das universidades e coordinados polo Servizo de Apoio e Orientación da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do SUG.
Entre a información que se facilita no stand galego figura a organización do sistema educativo de ensino superior na Comunidade. Ademais da oferta de titulacións universitarias que se poden cursar en Galicia, o persoal da ConsellerÃa informa tamén sobre as ensinanzas superiores non universitarias, isto é, a Formación Profesional de grao superior e as Ensinanzas ArtÃsticas.
Oferta superior non universitaria
O salón Aula 2006 está promovido polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC). Nesta edición ofrece unha completa panorámica das últimas propostas en materia de formación, desde as titulacións universitarias de practicamente todo o territorio nacional e outros estudos superiores, ata ciclos de grao medio e superior, estudos de posgrao e propostas institucionais de formación e emprego.
Ademais, esta feira tamén informa sobre as propostas de e-learning e os servizos de orientación ao estudante na procura do primeiro emprego. Completan a oferta de Aula 2006 organizacións non gobernamentais e un amplo programa de actividades deportivas e divulgativas.
A oferta do salón tamén inclúe a celebración de xornadas técnicas dirixidas a distintos colectivos: alumnos de educación secundaria e bacharelato, alumnos universitarios, profesorado e responsables educativos, pais e nais de familia. Estas conferencias versarán sobre temas como a mellora da convivencia nos centros educativos, a creación de viveiros de empresas, o novo deseño dos estudos de grao nas Universidades, o sistema de intercambio entre centros das universidades españolas (SICUE), e o programa ERASMUS, entre outros.
O Salón Internacional do Estudante e da Oferta Educativa desenvólvese nesta edición baixo o tÃtulo de 14 anos comprometidos coa Educación. Ao longo dos 10.000 metros do pavillón 9 do Parque Feiral Juan Carlos I, 315 expositores chegados de Comunidades Autónomas, Alemaña, Australia, Estados Unidos, Francia, México, PaÃses Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido e SuÃza, ofrecen información puntual da súa oferta universitaria.
Ademais, a adaptación do sistema de ensino superior á Declaración de Bolonia e a construción do Espazo Europeo de Educación Superior serán o eixo da maiorÃa das actividades que se desenvolven de xeito paralelo ao Salón.
Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolÃdase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do paÃs, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a ConsellerÃa oferta diversas modalidades.