Notas de prensa

Pesca constitúe unha Comisión Galega de Mergullo Profesional

? O novo órgano, de carácter consultivo, abordará asuntos de gran interese para o sector como a homologación das titulacións, os convenios colectivos ou a incorporación destes traballadores ao Réxime Especial do Mar

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos creará unha Comisión Galega de Mergullo Profesional. Así se acordou durante a xuntanza mantida en San Caetano entre o secretario xeral de Pesca, Miguel López Sieiro, varios representantes de Promega (Asociación de Profesionais de Mergullo de Galicia) e membros das organizacións sindicais. Segundo informou López Sieiro ao sector, neste mes o departamento dirixido por Carmen Gallego ten previsto publicar no Diario Oficial de Galicia a orde coa que se aprobará o regulamento desta comisión
para que esté plenamente operativa no mes de abril.

O novo órgano, de carácter consultivo, estará formado por membros da
Consellería de Pesca, traballadores do mergullo profesional e do sector
recolector, integrantes de Promega así como representantes dos principais
sindicatos (UGT, CC.OO. e CIG).

A Comisión Galega de Mergullo Profesional abordará materias de gran
interese para este sector como a homologación das titulacións, os convenios
colectivos, a formación, a súa posible integración no Réxime Especial do
Mar, a adaptación da normativa, a aplicación dos coeficientes redutores de
edad a este colectivo ou as enfermidades profesionais.

Coa constitución deste comité, a Consellería de Pesca satisface unha das
peticións máis demandadas polos mergulladores nos últimos tempos. Esta
iniciativa súmase á proposta feita o pasado fin de semana pola conselleira
ao seu homólogo catalán para mellorar a normativa actual das titulacións de
Mergullo Profesional e facilitar a práctica desta actividade en calquera
das comunidades con competencia na materia. Neste sentido, a Xunta aposta
pola unificación de criterios e o recoñecemento automático das tarxetas
profesionais que oficialmente sexan expedidas nestas autonomías.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-03-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES