Notas de prensa

Galicia estreita lazos de colaboración con Cataluña en materia pesqueira no marco da Feira Alimentaria

* Carmen Gallego reuniuse co consejero de Pesca catalán e acordaron traballar para homologar os títulos de buceo profesional entre ambas comunidades * A conselleira asistiu esta mañá á inauguración da Feira Alimentaria 2006 de Barcelona onde participan 30 empresas galegas do sector pesqueiro

A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo unha reunión co consejero de Agricultura, Ganadería y Pesca da Generalitat de Cataluña, Antoni Siurana i Zaragoza, no marco da Feira Alimentaria 2006 que se está celebrar ata o 10 de marzo na cidade de Barcelona. Durante a
xuntanza, Gallego Calvar e o seu homólogo catalán acordaron colaborar en
materias de interese común, tales como a definición e financiación de
proxectos de I+D+i (Investigación, Desenvolvemento e Innovación). Os
responsables de ambas administracións pesqueiras acordaron tamén definir un
marco estable de colaboración entre equipos de investigadores e tecnólogos
galegos e cataláns a través de intercambios e seminarios. Ademais,
estudaron a posibilidade de estreitar líneas de cooperación nos eidos da
formación náutico-pesqueira e na acuicultura, así como promocionar a
transferencia de tecnoloxía e coñecemento cara o sector.

A conselleira de Pesca tamén propuxo ao seu homólogo traballar
conxuntamente para mellorar a normativa actual das titulacións de Buceo
Profesional e Náuticas de Recreo. No caso dos títulos de Buceo, Galicia
aboga pola unificación de criterios e o recoñecemento automático das
tarxetas profesionais que oficialmente sexan expedidas nas dúas autonomías.
O obxectivo é facilitar a práctica desta actividade en calquera das
comunidades que teña competencia nesta materia.

Por outra banda, no transcurso da xuntanza, o consejero catalán amosouse
moi interesado na orde de axudas para proxectos colectivos de xestión
integral que publicou a Consellería de Pesca o pasado 2 de xaneiro e que
segue a liña dos próximos fondos comunitarios. Con este regulamento o
departamento galego pretende fomentar a participación e plena implicación
do sector na mellora da xestión dos recursos mariños. Trátase de dar cabida
a todas aquelas iniciativas dos profesionais do mar en materias como a
conservación dos recursos, a formación, a mellora das condicións laborais
dos traballadores, a revalorización dos produtos ou o incremento da
produción dos bancos pesqueiros e marisqueiros. Antoni Siurana valorou moi
positivamente esta orde de subvencións e solicitoulle á conselleira toda a
documentación sobre a mesma co obxectivo de estudar máis en profundidade a
iniciativa galega.

Proxectos conxuntos de investigación

NotaA reunión entre ambas administracións serviu tamén para abordar os
proxectos de investigación que Galicia e Cataluña están levando a cabo
conxuntamente. Neste sentido, as dúas rexións colaboran xunto con outras
comunidades nalgúns dos Plans Nacionais Jacumar (Junta Nacional Asesora de
Cultivos Mariños), como o plan do cultivo do linguado e o plan nacional
para a incorporación de novas especies de peixes á acuicultura mariña.
Asimesmo, ambas autonomías participan nun estudo para mellorar as
condicións técnicas das xaulas de cultivo e nun proxecto destinado ao
tratamento e aproveitamento dos residuos da acuicultura.

Por outra banda, o Goberno galego e a Generalitat Catalana están
traballando nun proxecto vinculado á área de cultivo de moluscos. O estudo,
no que participa o Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio
Mariño), a Universidade de Santiago de Compostela e o Irta (Institut de
Recerca y Tecnología Agroalimentaries), trata de identificar as principais
fontes de polución e condicións ambientais asociadas á contaminación
microbiolóxica neste área.

Visita á Feira Alimentaria 2006

A conselleira de Pesca acudiu esta mañá á inauguración do Salón
Internacional da Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2006, formando parte
dunha comitiva encabezada polos Príncipes de Asturias e na que tamén se
encontraba a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa,
así como outros consejeros do ramo procedentes doutras comunidades
autónomas. Esta tarde está previsto que Carmen Gallego visite o stand
institucional da Consellería e os expositores das 30 compañías galegas do
sector pesqueiro que participan neste evento.

A Alimentaria de Barcelona constitúe un salón de referencia mundial para
empresas de importación e exportación e nela están representados máis de 70
países. Este ano espéranse máis de 150.000 visitantes profesionais, 40.000
deles de procedencia internacional. O salón ten unha superficie neta de
exposición de 115.000 metros cadrados e conta con 5.000 empresas
participantes dos sectores da alimentación, a agricultura e a pesca, así
como a hostelería ou a restauración.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2006-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES