A Unión Sindical de Traballadores de Galicia USTG nin convoca, nin secundará o paro de duas horas convocado pola UGT
A USTG ven secundando todas as mobilizacións que tén convocadas a Plataforma Unitaria pola Paz na que participa en ámbitos locais e as convocatoria de paros de 15 minutos feitas pola CES.
Para a USTG a concienciación dos cidadáns e cidadás é patente e no eido laboral os traballadoras e as traballadoras teñen demostrada o seu craro rexeitamento desta guerra. Resulta incomprensible pois, que teñamos que superar as convocatorias do conxunto dos traballadores europeos e moito mais que se convoque de xeito unilateral, sen ter en conta as instancias unitarias.
Polo tanto o Comité Nacional da USTG acordou facer pública a súa posición de non secundar a convocatoria da UGT, deixando ben craro que a USTG condena e rexeita a guerra contra IRAQ e todalas guerras, pois para nós non hai guerras xustas nin causas que as xustifiquen. As guerras fannas sempre os poderosos para someter os mais débiles e conseguir déles o que desexan, pois sempre esconden intereses económicos.
USTG, 2003-04-04
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.