
Este espazo está integrado nun stand común no que tamén participan o ICEX-Fapae, Catalan Films&TV, ICAA, PromoMadrid e as empresas Arcadia Infinity Films, Grupo Pi, Latido e Ciudad de la Luz.
O Consorcio abre este espazo a aqueles profesionais galegos que queiran asistir baixo este paraugas. Para o que será necesario que cumprimenten un formulario, que se pode acadar a través da web www.consorcioaudiovisualdegalicia.org. Unha vez cuberto pode enviarse por fax ao 981.54.58.47 ou ao mail: [email protected]. A partir de aquí, cada empresa recibirá un código individual para poder rexistrarse on-line na web do Marche du Film.
A data límite para acreditarse e poder participar no Marche é o 30 de abril, e o 14 para figurar na guía do mercado. Para rexistrarse no mercado cada persoa aboará 299 euros.
Ao igual que en pasadas edicións, o Marché du Film de Cannes leva a cabo un programa, Producers Network que ten como principal obxectivo fomentar as oportunidades de coprodución internacional. Esta acreditación está reservada a aqueles profesionais que teñan como actividade principal a producción e que polo menos produciran unha longametraxe nos últimos tres anos estreada en salas comerciais. O Producers Network está limitado a 2 produtores por compañía que deberán aboar 335 euros por acreditación.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.