Notas de prensa

A TVG cederá as dobraxes de Shin Chan e Víbora negra tras as xestións da Mesa pola Normalización Lingüística

* A serie Alló, alló! ten tamén as portas abertas para a súa saída en galego no DVD que se editará en 2005. * O galego pode entrar en Cartoon Networks e con máis forza no mercado do DVD.

A Mesa pola Normalización Lingüística estivo a realizar xestións cos axentes implicados (cadeas de televisión e distribuidoras) para que a serie Shin Chan se puidese ver en galego dentro de Cartoon Networks (que xa ofrece esa posibilidade en dual para o catalán) e para que o DVD da mítica serie A víbora negra puidese incluír unha versión dobrada na nosa lingua. Grazas á boa resposta da nova dirección da TVG, estes dous obxectivos poden ser realidade, dado que a emisora pública está disposta a ceder gratuitamente estas dobraxes, igual que TV3 fai co catalán. Ademais, esta actitude da dirección da TVG posibilita que tamén poidamos ter opción en galego no pack de DVDs que se van editar este ano coa coñecida sitcom Alló, alló!

Igual que A Mesa, tamén o colectivo Ciberirmandades da Fala realizou nas dúas últimas semanas unha campaña de protesto desde internet perante o primeiro anuncio de que non se cedería a dobraxe da serie A víbora negra. Para Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, “todo o movemento cidadán en defensa do noso idioma está de parabéns, por demostrar máis unha vez que a reclamación e a mobilización teñen resultados positivos”.

A víbora negra:problemas técnicos pola tardanza da dobraxe

A Mesa continúa coas xestións coa distribuidora Cameo para tentar garantir que A víbora negra poida saír en galego o día 5 de abril (data anunciada da súa posta á venda en todo o Estado). Desde a distribuidora observan que a tardanza en conseguir a dobraxe lles vai supor un gasto adicional importante e unha modificación do seu calendario de traballo para lograr que o DVD estea na data sinalada ou outra próxima. Porén, continúan a estudar a viabilidade desta introdución, conscientes de que a recepción deste produto audiovisual será moitísimo mellor en Galiza se conta coa opción na nosa lingua. Cameo si garante que todas as futuras series en DVD que poñan mercado das cales se lles ceda a dobraxe, terán opción en galego, como é o caso de Alló, alló!

Shin Chan: O pequeno galopín regresará ao galego

As Mocidades da Mesa, que comezaron coas xestións para que Shin Chan se puidese ver en galego en Cartoon Networks, festexan que se abran as portas a esta posibilidade grazas á TVG e continuarán xestionando para esa opción no mando do televisor sexa unha realidade canto antes. O Presidente de Luk Internacional (a distribuidora desta serie de debuxos animados) mostrouse tamén moi receptivo a esta solicitude.

Igualmente, as Mocidades da Mesa queren conseguir que tamén en Antena 3 haxa a opción dual de poder ver as aventuras de Shinoshuke Noara na lingua pola que se coñece en Galiza e coa que tivo importantes éxitos de audiencia, cunha dobraxe lingüisticamente moi coidada.

A Mesa pola Normalización Lingüística, 2006-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES