
Emilio Pérez Touriño comprometeu melloras educativas, medioambientais e de infraestruturas na comarca do Salnés, ao longo da súa visita institucional ao Concello de VilagarcÃa de Arousa. O presidente da Xunta tamén mantivo unha xuntanza cos alcaldes da comarca para coñecer in situ as demandas e necesidades destes concellos, unha iniciativa que pretende manter en futuras ocasións para estreitar a colaboración entre o Goberno galego e as institucións locais. Durante a reunión na que participaron os rexedores da Illa de Arousa, José Manuel Vázquez Vázquez; de VilagarcÃa, JoaquÃn Javier Gago López; de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida; de Cambados, José Manuel Cores; de Ribadumia, Salomé Peña Muñiz; de Meis, José Luis Pérez Estévez; de Meaño, Jorge DomÃnguez Rosal; de Sanxenxo, Telmo MartÃn González, e do Grove, Miguel Ãngel Pérez GarcÃa, o presidente da Xunta tivo a oportunidade de coñecer os asuntos que máis preocupan aos rexedores. Esta xuntanza cos alcaldes do Salnés proseguiu durante un almorzo de traballo mantido entre os rexedores da zona e o titular do Goberno galego.
Entre os principais proxectos previstos polo Goberno galego para esta zona, Touriño destacou a posta en marcha “de xeito inmediato” a licitación dunha obra hidráulica “moi importante para os concellos do Salnés”. Trátase dun proxecto de ampliación do abastecemento de augas, cun custo aproximado de 4 millóns de euros, financiados por Augas de Galicia e pola mancomunidade do Salnés. Unha obra que, en palabras de Touriño, permitirá dar “un salto cualitativo” ante un problema tan importante como é o abastecemento de auga aos cidadáns desta zona.
En materia de infraestructuras, o máximo mandatario autonómico resaltou o inicio, este verán, da autovÃa do Salnés. Esta infraestructura suporá un investimento de 50 millóns de euros, nun prazo de execución de 21 meses aproximadamente.
Asà mesmo, lembrou que se está a estudiar unha nova conexión entre VilagarcÃa e Pontevedra, que será “decisiva e importante para toda a comarca”. Esta actuación estará incluÃda no Plan Integral de Infraestructuras da Xunta e pretende mellorar a capacidade e calidade do vial existente entre estas dúas vilas. Un asunto que o presidente da Xunta aspira a “deixar ben resolto con vocación de futuro” para solucionar o problema de tráfico nesta arteria.
Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño tamén comprometeu melloras en materia de portos, que serán asumidas pola ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos. Anunciou tamén unha nova ponte sobre o rÃo Umia, na variante de Punta Arnelas-VilagarcÃa, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.
De igual xeito, o xefe do Executivo galego reafirmou o compromiso da Administración autonómica por mellorar a calidade da educación en toda a comunidade e particularmente nesta zona, cun “esforzo intenso e extenso” nas actuacións nesta materia. Touriño referiuse a melloras nos centros educativos de VilagarcÃa de Arousa, Cambados, O Grove e Ribadumia.
Compromisos con VilagarcÃa
Na súa visita institucional ao Concello de VilagarcÃa, o presidente da Xunta tamén concretou as distintas actuacións que en materia de medioambiente, infraestruturas e educación vai acometer a Xunta de Galicia no municipio. Concretamente, Emilio Pérez Touriño indicou que se van levar a cabo “actuacións importantes en materia de abastecemento de auga no que a rede de auga se refire” para facer fronte ao “potencial de crecemento” de VilagarcÃa e a súa área de influencia. Nesta liña, Pérez Touriño tamén salientou que proximamente se vai abrir neste concello pontevedrés unha oficina de información e recepción de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
En materia de infraestruturas indicou que a Xunta vai realizar “un esforzo investidor significativo” para a construción do vial norte, un proxecto que conta cunha achega de case 25 millóns de euros, dos que 9,5 corresponderán a este ano. Segundo sinalou Touriño, as obras poderán estar licitadas neste primeiro semestre.
O titular do Executivo indicou ademais que se vai mellorar o acceso ao porto de VilagarcÃa. Neste apartado informou que “de inmediato” se iniciará o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos precisos para acometer este proceso.
“A educación, a formación e a cualificación de recursos” –indicou o máximo mandatario autonómico- tamén en VilagarcÃa son “decisivas”. Asà Pérez Touriño subliñou que a escola de idiomas nesta localidade “será pronto unha realidade” porque a mediados do ano que vén entrará en servicio. Esta iniciativa está financiada nun 70% polo Goberno autonómico e o 30% polo concello, cunha achega por parte da ConsellerÃa de Educación de máis de 2 millóns de euros.
En materia educativa tamén salientou que pronto será substituÃdo o vello colexio da Lomba, asà como outras actuacións que xa se teñen acometido noutros centros educativos desta área.
Visita á comarca do Salnés
O presidente da Xunta iniciou a súa primeira visita institucional á comarca do Salnés no concello de VilagarcÃa, acompañado pola conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón. AlÃ, o máximo mandatario da Xunta saudou ao alcalde e á corporación municipal, asinou no Libro de Ouro e foi distinguido coa insignia de ouro do concello.
Posteriormente o xefe do Executivo galego visitou, acompañado polo presidente da autoridade portuaria, Jesús Paz Arias, o lugar onde se emprazará o Centro Especializado de Tecnificación de Vela. Asà mesmo, o presidente da Xunta, acompañado pola titular de Educación, visitou os terreos onde se construirá a escola de idiomas.
O máximo mandatario autonómico tamén se trasladou ao recinto Fexdega, onde se está a celebrar a VII edición da feira da construción, para visitar os distintos stands. Tras un percorrido polas instalacións, Pérez Touriño dirixiuse a Cambados para reunirse cos alcaldes da comarca do Salnés. Na xornada participaron os rexedores da Illa de Arousa, José Manuel Vázquez Vázquez; de VilagarcÃa, JoaquÃn Javier Gago López; de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida; de Cambados, José Manuel Cores; de Ribadumia, Salomé Peña Muñiz; de Meis, José Luis Pérez Estévez; de Meaño, Jorge DomÃnguez Rosal; de Sanxenxo, Telmo MartÃn González, e do Grove, Miguel Ãngel Pérez GarcÃa. O máximo mandatario galego ten previsto trasladarse á Casa do Concello da Illa de Arousa e saudar á corporación municipal.
Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolÃdase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do paÃs, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a ConsellerÃa oferta diversas modalidades.