Notas de prensa

Touriño manifesta a firme vontade do Goberno de contribuír a que os medios de comunicación reflictan a imaxe dun país disposto a desenvolver as súas potencialidades

* O presidente da Xunta expresou o seu compromiso para que os medios galegos se convirtan “nun referente de calidade e rigor” durante a inauguración da sede de Radio Vigo Grupo de Comunicación * Salienta que os medios locais e rexionais xogan un papel fundamental como “factores de cohesión social e de identidade colectiva”

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, manifestou a firme vontade do Goberno galego de contribuír a que os medios de comunicación asentados no país se convertan “nun referente de calidade e rigor” e nunha “verdadeira canle de acceso ás informacións máis próximas” que preocupan á cidadanía galega, así como “nun espello que reflicta a imaxe dun país disposto a desenvolver as súas potencialidades” para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Na súa intervención durante a inauguración da sede de Radio Vigo Grupo de Comunicación, o máximo mandatario de Galicia sinalou que os medios informativos xogaron e seguen a xogar un papel “fundamental” na sociedade. Así, se na Transición se erixiron en “actores políticos claves” e exerceron un rol vital “para configurar no noso país un sistema de liberdades públicas”, hoxe enfróntanse a “retos considerables, como a consolidación de internet como gran fiestra de acceso á información”. Este contexto, abundou o presidente, obriga aos medios audiovisuais a “ser competitivos” e “ser capaces de garantir unha opinión pública democrática e impulsar o debate e o pluralismo con imparcialidade”.

A esa función non son alleos os medios que exercen o seu labor no eido local, pois segundo explicou o xefe do Executivo galego, exercen como “factores de cohesión social e de identidade colectiva” especialmente no mundo globalizado actual, “no que se dilúen as fronteiras” e se acentúa “unha clara tendencia á uniformidade cultural”.

Factor de dinamización cultural

Para Emilio Pérez Touriño, os medios locais e rexionais son actores importantes na “dinamización cultural” e no “fomento da participación cidadᔠdado que transmiten a realidade inmediata aos cidadáns de Galicia. Nese senso, o presidente manifestou que a comunidade conta cun “sólido sistema de medios de comunicación” e amosouse confiado en que a “profesionalidade” dos seus traballadores permitirá “que desapareza definitivamente a estereotipada imaxe da Galicia profunda” de xeito que esta sexa substituída “pola dunha Galicia profundamente galega, pero tamén aberta, cosmopolita, situada plenamente no século XXI”.

Para logralo, o presidente manifestou a “firme vontade” do Goberno que preside de contribuír a que os medios de comunicación asentados no país “se convertan nun referente de calidade e rigor, nunha verdadeira canle de acceso ás informacións máis próximas que preocupan á cidadanía galega e nun espello que reflicta a imaxe dun país disposto a desenvolver as súas potencialidades para mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns”.

Finalmente, o máximo mandatario galego gabou a traxectoria de Radio Vigo Grupo de Comunicación, unha empresa que, segundo salientou “ten moito que achegar ao enriquecemento do mundo da comunicación en Galicia” es especialmente de Vigo, “unha cidade que está chamada a ser o motor económico da Galicia do século XXI.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES