Notas de prensa

O presidente da Xunta afirma que o Goberno galego asume o compromiso de ter a plena participación en iniciativas de fomento do deporte de base e de mellora da calidade de vida

* Emilio Pérez Touriño presidiu a inauguración do Complexo Deportivo Ponte Muíños de Pontevedra * Salienta que o deporte é unha actividade que permite cultivar “valores como o compromiso, a entrega, o esforzo, a solidariedade e a capacidade de iniciativa”

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, afirmou en Pontevedra que o Goberno que preside asume o compromiso de ter a plena participación en iniciativas polo fomento do deporte de base e da mellora da calidade de vida. O presidente fixo estas declaracións no transcurso do acto de inauguración do Complexo Deportivo Ponte Muíños.

Durante a súa intervención, o xefe do Executivo autonómico destacou que a inauguración deste ambicioso centro é o resultado do esforzo ilusionado de moitas persoas para sacar adiante un proxecto deportivo en beneficio de todos os cidadáns pontevedreses. Touriño cualificou o acto como “especialmente emotivo e ilusionante” porque nace “da sociedade, da propia cidadanía, da vontade decidida de acadar unha meta ambiciosa”.

O máximo mandatario galego subliñou que o novo centro deportivo pontevedrés constitúe un proxecto “grande pola súa motivación e tamén por estar na vangarda do deseño e da actualidade”. Ao seu xuízo, este complexo deportivo complementa a práctica deportiva cos valores culturais.

NotaAdemais, o presidente galego apuntou que o deporte “é un actividade que permite cultivar valores como o compromiso, a entrega, o esforzo, a solidariedade e a capacidade de iniciativa”.

Finalmente, Emilio Pérez Touriño resaltou que o centro deportivo Ponte Muíños é un exemplo da cooperación entre administracións en favor das demandas da sociedade. “Hoxe é un día cargado de optimismo e que subliña as magníficas condicións da cidade de Pontevedra en canto a calidade de vida, calidade deportiva e calidade ambiental”, aseverou

Na inauguración do centro deportivo Ponte Muíños, participaron tamén a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES