Notas de prensa

A Xunta achegará 40.000 euros para paliar as necesidades de emerxencia alimentaria e sanitaria do pobo saharaui

* A Dirección Xeral de Cooperación Exterior adiantará esta axuda pola situación de emerxencia que están a vivir os refuxiados de Tindouf (Alxeria) logo das recentes inundacións * A metade da axuda se destinará a medicamentos, que se entregarán a través da Axencia Humanitaria de Galicia * Os outros 20.000 euros servirán para a compra de alimentos

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior, achegará un total de 40.000 euros para paliar as necesidades de emerxencia alimentaria e sanitaria que está a vivir o pobo saharauí logo das inundacións dos días 9,10 e 11 deste mes.

A Dirección Xeral de Cooperación Exterior decidiu adiantar a axuda de 40.000 euros que destinará este ano á asistencia ao pobo saharauí, logo de coñecer a situación dos refuxiados de Tindouf, en Alxeria.

A metade da axuda do Goberno galego irá destinada a adquisición de medicamentos que se entregarán en canto sexan posible a través da Axencia Humanitaria de Galicia. Neste envío incluiranse analxésicos, antipiréticos, antiinflamatorios, antianémicos, antídotos, antifúnxicos, antiinfecciosos, antiparásitos, desinfectantes e antisépticos, antidiarreicos, preparados dermatolóxicos e gastrointestinales, medicamentos básicos recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

O resto da achega (20.000 euros) servirá para a compra de alimentos, especialmente arroz, logo de que o pasado venres, 24 de febreiro, a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí concretara a súa solicitude á Administración galega en canto axuda alimenticia. Segundo destaca esta asociación, esta achega da Xunta de Galicia permitirá realizar unha compra de arroz de arredor de 50.000 quilogramos no mercado local que beneficiará á poboación saharauí refuxiada nos campamentos, estimada en 156.000 persoas.

Atención especial ao pobo saharauí

A Dirección xeral de Cooperación Exterior inclúe, por vez primeira, dentro das súas accións estratéxicas para os vindeiros catro anos “unha atención especial á continuidade das relacións de solidariedade e débeda histórica que dende moitos sectores da sociedade galega se manteñen coa poboación dos campamentos saharauís”.

Así se recolle no texto do Primeiro Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2006-2009, consensuado cos representantes dos organismos da sociedade civil e das Administracións local, autonómica e provincial galegas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES