
O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez OIveira, anunciou a intención da Xunta de incluir ao triatleta Javi Gómez Noia no programa Galiza-Pekín, no que está a traballar a Dirección Xeral para o Deporte cara as próximas Olimpiadas. Intentaremos facer unha discriminación positiva con el, coa intención de compensar dalgún xeito a inxustiza que se cometeu con este atleta durante estes anos.
O responsábel do Deporte Galego fixo estas declaracións no transcurso dunha rolda de prensa, na que tanto o deportista coma os representantes da Federación Galega de Triatlón pediron que o Consejo Superior de Deportes asuma as responsabilidades despois de impedir que o atleta competira a nivel internacional nestes últimos anos. Desta forma, o vicepresidente da Federación Galega, Francisco Villanueva, indicou que algúns sufrimos moito nestes anos, escoitando barbaridades e resulta moi duro esquecer todo sen un papel que recoñeza o erro e sinale ao responsábel.
Domínguez manifestou a súa ledicia porque Gómez Noia poida volver competir a nivel internacional representando a Galiza e logrando éxitos para o noso deporte e tamén insistiu na necesidade de que o CSD explique os motivos polos que o atleta estivo privado da posibilidade de competir a nivel nacional e internacional e das becas que merecía polos seus resultados deportivos. Este ano quedou fora do plan ADO, e non pola súa culpa, pero nós incluirémolo no Programa DGAN (Deportistas Galegos de Alto Nivel).
Pola súa parte, Javi Gómez Noia manifestou o seu agradecemento a todas as persoas que estiveron ao seu lado durante estes duros anos: Quero agradecer públicamente o apoio da Federación Galega, da Dirección Xeral para o Deporte neste último ano e dunha persoa que non está aquí, pero foi importantísima para min, o doutor Nicolás Bayón. Grazas a todos eles puiden seguir adestrando tranquilo e relaxado. Non podo dicir o mesmo do CSD e da Federación Española, xa que me sentín perseguido coma se foxe un criminal. Agora, o galego intenta mirar cara ao futuro, xa que unha vez recuperada a súa licencia federativa pode volver a competir no estranxeiro e nos próximos días farao en Qatar e Xordania. Fíxose xustiza, aínda non da forma máis correcta, polo que espero explicacións de todo o que sucedeu. Hoxe é un día moi feliz para min e quero mirar cara ao futuro, pero non esquezo o pasado.
O presidente da Federación Galega de Triatlón, José Ramón Meilán, tamén quixo recordar a todos os que traballaron para poñer fin a este pesadelo. O primeiro agradecemento é para Javi, porque non é fácil que con esa idade foxe capaz de manter esa enteireza e seguir adestrando; o segundo, para a Administración, porque neste último ano sentímonos moi respaldados pola Dirección Xeral para o Deporte e eso e moi importante para unha federación; o terceiro para Paco Villanueva, por todo o que leva pelexado, e por último ao doutor Nicolás Bayón, por darnos ese apoio científico que necesitábamos.
Javier Gómez Noia recuperou hai uns días a súa licenza federativa, despois de varios anos sen poder competir a nivel nacional e internacional por culpa dunha doenza no corazón. Mentres que o deportista contaba con varios informes médicos oficiais e privados de especialistas de prestixio internacional que o consideraban apto para a práctica do deporte, a especialista do CSD non lle daba o visto e prace. Finalmente, despois de varias cumes médicas, o CSD optou polo silencio, aínda que a Federación Española de Triatlón si lle concedeu a licenza federativa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.