Notas de prensa

Regreso da expedición de Carral a Candanchú

O sábado 18 de febreiro, sobre as 10.00 am., regresaron da estación invernal de esquí de Candanchú os 15 rapaces e rapazas carraleses que tiveron a oportunidade de pasar unha semana aprendendo e desfrutando do esquí.

Esta viaxe, enmarcada dentro do programa “Campaña de esquí 2006”, foi organizada pola Excma. Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia.

Tras unha semana de deporte, xogos, visitas culturais, etc., os participantes, aínda que cansados, amosáronse entusiasmados, e agardando repetir a viaxe no 2007. Durante esta semana, os nenos/as fixeron todo tipo de actividades lúdico-deportivas e culturais, pero sobre todo aprenderon a esquiar. Durante dúas horas diarias, tódalas mañás, tiveron clases de esquí con monitores especialistas que os distribuíron en grupos segundo o seu nivel. Despois de comer, os rapaces tiñan unhas horas libres para practicar todo o aprendido durante a mañá.

Ademais disto, tiveron tamén a posibilidade de visitar a pista de xeo, a cidadela fortificada e ata de disfrutar dunha xornada de compras pola cidade oscense.

O concelleiro de deportes, Jesús Raso López mostrouse enormemente satisfeito polo enorme éxito acadado pola convocatoria realizada polo concello, que incrementou en máis dun 80 % o número de inscritos con respecto o ano pasado.

Concello de Carral, 2006-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES