Notas de prensa

O presidente da Xunta destaca o amplo programa de traballo do executivo, que impulsará 36 proxectos de lei neste ano

* Emilio Pérez Touriño deu conta, en rolda de prensa, do calendario lexislativo para 2006 * A Xunta promoverá un total de 36 proxectos lexislativos no 2006, 19 deles no primeiro semestre, dos que se dará conta ao Parlamento para ser tramitados nos dous períodos de sesións * O calendario inclúe proxectos vinculados coa modernización e transparencia; co territorio, política territorial e desenvolvemento; e a mellora de servizos sociais e dereitos da cidadanía

Emilio Pérez Touriño destacou, logo da reunión do Consello da Xunta, o “amplo programa” de traballo do Executivo que preside para este ano 2006. O presidente da Xunta sinalou que o Goberno promoverá, ata finais de ano, un total de 36 proxectos lexislativos,19 dos cales serán remitidos ao Parlamento neste semestre para ser tramitados no primeiro período de sesións.

O máximo mandatario galego agrupou en tres grandes áreas os proxectos que serán promovidos. Dunha banda, referiuse ás leis que teñen que ver coa modernización e a transparencia como o Proxecto de Lei de Transparencia; o Proxecto de Lei de Publicidade Institucional; o Proxecto de Lei de Subvencións; o Proxecto de Lei de Policía; o Proxecto de Lei de Fundacións; o de Emerxencias; e o Plan Galego de Estatística.

Un segundo bloque de proxectos lexislativos refírese ao desenvolvemento territorial e, entre eles, inclúese o proxecto de Lei de Portos; o Plan de Seguridade Viaria; o Plan Integral de Transportes de Galicia; o de Infraestruturas; a Lei de Mobilidade de Terras; o proxecto de Lei de Montes; o proxecto de Lei de Protección do Medio Ambiente; o proxecto de Lei de Minería; o de Horarios Comerciais; o de Comercio Interior e o Plan Integral de Residuos de Galicia.

Finalmente, un terceiro bloque inclúe proxectos de lei que teñen que ver coa mellora de servizos e cos dereitos da cidadanía. Entre eles destacan o proxecto de Lei de Sanidade; o proxecto de Lei contra a Violencia de Xénero; o de Servizos Sociais; o do Libro e a Lectura; ou o da Linguaxe de Signos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) Galicia vén de acadar os 43.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar e consolídase como referente na atención á dependencia en España. Esta medida pioneira, posta en marcha pola Xunta hai dous anos e única no conxunto do país, permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar e forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia. Neste sentido, o Executivo autonómico destinou este ano 179 millóns de euros para esta prestación. O Bono Coidado no Fogar consiste nunha axuda de 5.000 euros ao ano para os dependentes que son coidados nos seus domicilios por un familiar ou calquera outra persoa da súa contorna.
Foto de la tercera plana (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO, 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES