
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, inaugurou as xornada Muller e Saúde Laboral, no Centro de Seguridade e Saúde Laboral da cidade herculina. O simposio, organizado pola dirección xeral de Relacións Laborais e a delegación provincial de Traballo, estivo presentado pola delegada provincial, María Debén.
O titular de Traballo sinalou que a cultura dominante sobre saúde laboral e prevención intentou protexer dos accidentes laborais e dos riscos visibles a aquelas ocupacións e postos de traballo tradicionalmente ocupados por varóns, xa que son os sectores masculinizados os que rexistran un meirande número. Sen embargo, engadiu que existen outro tipo de riscos para a saúde, menos visibles pero con consecuencias igualmente gravosas. Son os riscos que non presentan un perigo inmediato para a vida, non matan, pero desgastan, fan perder a saúde pouco a pouco, e tradicionalmente, rexístranse en ocupacións feminizadas.
Por todo isto e atendendo as condicións laborais nas que se desenvolven as mulleres en Galicia, o responsable de Traballo entende que a promoción da saúde laboral debe facerse dende a perspectiva de xénero a través da introducción de medidas de acción positiva que favorezan a creación dunha nova cultura preventiva xa que, na actualidade, non existen procedementos suficientemente adecuados que garantan a súa aplicación e a sanción do seu incumprimento.
Nese senso, o conselleiro anunciou que dende Traballo se adoptarán medidas para mellorar a seguridade e a saúde laboral das traballadoras galegas, así se impulsará a realización de actuacións concretas cobre colectivos laborais singularmente feminizados, mediante accións de vixilancia e control nos sectores afectados, de información e asesoramento técnico ás empresas e aos traballadores, ao mesmo temo que se establecen estudios epidemiolóxicos nos sectores laborais feminizados.
Ademais dende o departamento que dirixe Ricardo Varela se revisarán os sistemas de recollida e presentación de datos nas materias relacionadas coa saúde laboral, coa finalidade de desagregar os datos en función do sexo e, por outro lado, se elaborará un estudio multidisciplinar dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se manifestan, especialmente, sobre o colectivo das mulleres coa finalidade de detectar e de previr as súas causas.
Tamén se levará a cabo unha investigación sobre a influencia da diferente situación das mulleres e dos homes no ámbito da familia e da sociedade na aparición de enfermidades profesionais e na causa dos accidentes, estableceranse programas de formación en materia de saúde laboral e de prevención de riscos dende a perspectiva de xénero.
A muller no mercado de traballo: seguridade e saúde laboral
Na súa intervención o conselleiro fixo unha breve análise da situación do emprego feminino, así salientou que por actividades económicas a muller representa o 83% do total do sector da confección, no sector de servizos persoais supón o 81%, e o 67% dos ocupados no comercio son así mesmo mulleres. A estes datos, hai que engadir que dos fogares que contratan servizo doméstico, o 95% das empregadas son mulleres. Pola contra, a muller representa tan só o 10% dos ocupados no sector do transporte, na metalurxia o 84%, un 8% na fabricación de material de transporte e na construcción un 65%.
En relación cos problemas de saúde laboral certificada son os sectores masculinizados os que rexistran un meirande número deles, xa que o sector da construcción rexistra o 26% do total dos accidentes e enfermidades profesionais. Sen embargo existen factores de risco que afectan de xeito maioritario ás mulleres e que están intimamente vinculados á forma na que estas se incorporaron ao mercado de traballo.
Ricardo Varela asegurou que a maternidade coloca á muller nunha situación de especial e exclusiva vulnerabilidade ante determinadas condición de traballo, por outra banda, así mesmo, os varóns ocupan os traballos máis cualificados, mellor pagados e con maior significación xerárquica con maiores recursos ou salarios máis altos, en contraposición dunha maior presenza das mulleres en sectores non regularizados ou de economía sumerxida, efectuando traballos en condicións nocivas para a saúde ou á marxe de calquera tipo de prevención.
O conselleiro apuntou ademais que a forma na que se produciu a incorporación masiva das mulleres no mercado de traballo sen abandonar o rol tradicionalmente asignado, conduce á sobrecarga de tempo de traballo e a uns niveis de estrés con graves efectos sobre a saúde. E relacionado con isto, a vulnerabilidade e a discriminación das mulleres no mercado de traballo convérteas en víctimas por excelencia das conductas de acoso sexual con efectos devastadores para a saúde e a seguridade. Varela asegurou neste senso que segundo os estudios realizados nesta tema, o acoso sexual constitúe un risco evidente para a saúde laboral o que esixe a adopción de medidas preventivas e a creación de procedementos de tutela adecuados e eficaces. O conselleiro salientou que o acoso sexual non se pode recoñecer só como unha cuestión de discriminación senón tamén como un tema de seguridade e saúde laboral, como xa teñen feito os organismos internacionais expertos na materia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.