Notas de prensa

Emilio Pérez Touriño compromete ante os alcaldes da Mariña que todos os tramos da Autovía do Cantábrico estarán licitados ou en obra en 2006

* O presidente da Xunta anuncia aos rexedores que xa está adxudicado o estudo informativo do corredor Barreiros-San Cibrao

O presidente da Xunta comprometeuse, ante os alcaldes da Mariña luguesa a que os 14 treitos que discorren por Galicia da Autovía do Cantábrico estarán licitados ou en execución antes de fin de ano. Touriño trasladoulles así aos rexedores o compromiso acadado co presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, no VII Cumio Galaico-Asturiano celebrado o mes pasado en Compostela. Na xuntanza, tamén lles anunciou que xa está adxudicado o estudo informativo do corrador Barreiros-San Cibrao.

Nunha reunión con todos os alcaldes da Mariña, celebrada en Ribadeo, o presidente trasladoulles as principais conclusións do cumio que afectan á comarca. O presidente da Xunta sintetizou as conclusións en catro grandes temas.

En primeiro lugar, salientou o impulso dado á Autovía do Cantábrico, mediante o compromiso de ambos os dous presidentes para desenvolver, ante o Ministerio de Fomento, unha acción conxunta co obxectivo de poñer en marcha en 2006 os 14 tramos da A-8 que discorren por Galicia e todos os de Asturias. Para Emilio Pérez Touriño, a Transcantábrica “é a columna vertebral que debe soportar o desenvolvemento de todo o norte de España” polo que a definiu como un proxecto estratéxico vital e decisivo.

Touriño remarcou a importancia do compromiso acadado con Asturias ao explicar que si se poñen en obras todos os tramos, en dous ou tres anos, e en función da dificultade de cada treito, esta infraestrutura estará rematada.

Ao respecto, o máximo mandatario galego anunciou aos alcaldes que o Ministerio de Fomento xa adxudicou o estudo informativo do corredor Barreiros-San Cibrao que comunica a Autovía do Cantábrico coa Estrada da Costa.

En materia de infraestruturas, o presidente da Xunta tamén salientou o impulso dado á “Y” que unirá a Fonsagrada con Santa Eulalia de Oscos e Salime e A Pontenova con Taramundi, así como a nova ponte sobre o río Eo en Abres, que permitirá mellorar a conexión entre os municipios de Trabada e Vegadeo.

Desenvolvemento integral da ría

En segundo lugar, o xefe do Executivo galego presentou o acordo para o desenvolvemento integral da ría de Ribadeo. Neste sentido, indicou aos rexedores que se chegou ao acordo para constituír unha unidade de xestión que podería adoptar a forma de consorcio e que contará coa participación dos concellos. Esa unidade será a encargada de deseñar os plans de desenvolvemento da ría tendo en conta o punto de vista ambiental, portuario, de transportes e de desenvolvemento integral de ambas as marxes.

NotaEn terceiro lugar, abordou os acordos en materia de desenvolvemento turístico. Así, comunicou que Galicia e Asturias solicitarán o nomeamento do Camiño Primitivo de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Tamén lles trasladou a iniciativa de desenvolver unha semana de promoción turística con carácter estable entre Galicia e Asturias, así como proxectar unha actuación conxunta nas actividades da España Verde.

Finalmente, en cuarto lugar, dentro dos acordos que afectan ao medio rural, o xefe do Executivo subliñou que Galicia e Asturias se comprometeron a compartir información en medios na prevención e loita contra os incendios forestais, para o que subscribirán protocolos de actuación.

O xefe do Executivo destacou o clima de cordialidade no que se desenvolveu a reunión cos alcaldes e comprometeuse a seguir visitando nun futuro A Mariña e a dar conta dos acordos que beneficien á comarca.

Na súa visita o presidente da Xunta estivo acompañado da conselleira de Política Territorial, María José Caride, e do titular de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, quenes desgranaron os acordos acadados nas áreas de actuación que lles competen, en particular en transporte e saneamento.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2006-02-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES