
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou que Galiza ten que negociar de ti a ti co Estado o seu modelo de financiamento e o pago da débeda histórica antes de sentarse coas outras comunidades no Consello de Política Fiscal e Financeira. Nunha entrevista na Radio Galega, Quintana recordou que tanto el coma o presidente da Xunta temos dito que non imos a admitir que Galiza teña menos que Cataluña e polo tanto explicou que si Cataluña tivo esa relación bilateral co Estado para acordar o seu modelo de financiamento tamén é bo que Galiza o faga. Despois desta negociación, o vicepresidente dixo que todos nos teremos que sentar na mesa do Consello de Política Fiscal e Financeira, pero antes é bo que Galiza negocie o seu.
Neste senso, Quintana se referiu á débeda histórica que o Estado ten con Galiza, un asunto que só podemos negociar co Estado, non con Murcia ou Extremadura. O vicepresidente rexeitou as interpretacións do PpdeG de disensións e crispación no bipartito, asegurando que o líder do PP galego `pode seguir soñando coa crispación no goberno como a súa única táboa de salvación, pero recordou que estas disensións non existen nin van a existir. Segundo explicou Quintana, BNG e PSOE son dous partidos distintos pero que temos un contrato coa cidadanía que estamos cumplindo e vamos a cumplir. Sinalou que en temas tan importantes coma o novo Estatuto ou o modelo de financiamento é lóxico que haxa puntos de vista distintos pero se amosou convencido de que os vamos a resolver. Por iso instou ao PP a participar neste proceso con propostas decindo algo mais que recoller firmas en contra de Cataluña.
O vicepresidente da Xunta se refería así á proposta de financiamento que defende para Galiza, unha proposta baseada nun método e catro criterios. O método é a necesidade de que Galiza negocie o seu financiamento nunha relación bilateral co Estado. En canto aos criterios do que ten que ser o novo financiamento galego, o primeiro pasa por definir os custos dos servizos dacordo cos criterios de envellecemento e dispersión poboacional galega, e tendo en conta aos emigrantes inscritos no Censo de Residentes Ausentes. En segundo termo o vicepresidente defende a elaboración dunha cesta de tributos propia, que inclúa o imposto de sociedades, e que teña como obxectivo a suficiencia financeira e a autonomía fiscal. Ademais a proposta aposta por un novo modelo de compensación interterritorial, porque o que hai non é xusto con Galiza e é necesario establecer novos criterios. Por último este sistema que defende Quintana demanda aproveitar a reforma estatutaria para blindar a inversión do Estado en Galiza nos próximos anos, cun plan de pago da débeda histórica que suporía investimentos de 2.600 millóns de euros anuais durante os vindeiros oito anos.
Estatuto
Preguntado polo método para a redacción do novo Estatuto galego, o vicepresidente asegurou que non hai problemas respecto a este asunto, ainda que criticou que o PP galego dí que sí nos medios e despois non hai maneira de que se poña a traballar no Parlamento. Por iso expresou o seu desexo de que os populares deixen a estratexia tremendista de Rajoy en Madrid, e se poñan a traballar con nós. Quintana valorou a ponencia parlamentaria como o mellor método e insistiu na necesidade de comezar xa con este proceso. Sinalou que a ponencia no Parlamento é o mellor marco non só para a participación das tres forzas políticas na redacción do novo Estatuto senón tamén coma un cauce de participación da cidadanía e dos axentes sociais para que expliquen que esperan do novo Estatuto.
O vicepresidente da Xunta dixo que as enquisas falan de que mais dun 75 por cento da poboación considera importante que Galiza teña un novo Estatuto. Segundo sinalou Quintana Galiza non pode perder o tren e o novo texto suporá para os galegos maiores cotas de benestar. Ademais, e preguntado polo último barómetro político do CIS, o vicepresidente valorou que a cidadanía está comprobando que o BNG é útil para defender os intereses de Galiza. Recordou que CiU tivo unha negociación bilateral co Estado e conseguiu un novo modelo de financiamento para Cataluña contando con 10 deputados no Congreso, e por iso destacou a importancia de que os representantes políticos galegos se unan porque si os deputados galegos no Congreso actuamos conxuntamente, con unidade, Galiza sairá adiante cun novo Estatuto e un novo modelo de financiamento. Quintana lembrou que temos que pensar en Galiza, con unidade e con liderazgo porque só así sairemos triunfantes deste proceso.
Parabéns
O vicepresidente da Xunta aproveitou esta entrevista na Radio Galega para agradecer os parabéns e as mostras de cariño que ten recibido estes días con motivo do nacemento dos seus fillos. O vicepresidente expresou o seu sinceiro agradecemento a todas as persoas que lle trasladaron as felicitacións por este motivo e aproveitou para reiterar a súa intención de preservar a súa vida privada e a dos seus fillos. Ademais reiterou que se acollerá ao permiso de patermidade para estar cerca da miña familia nestes momentos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.