Notas de prensa

O Plan de Innovación e Mellora do Comercio Galego incrementará este ano nun 21'67% as axudas ao sector

* A Consellería de Innovación e Industria porá en marcha este ano o novo plan, que prevé liñas de axudas para comerciantes, asociacións e concellos

A Consellería de Innovación e Industria porá este ano en marcha o Plan de Renovación e Mellora do Comercio Galego, plano que xa en 2006 vai a supor un incremento do 21,67% nas axudas destinadas ao sector con respecto aos fondos destinados no ano 2005. Así o anunciou a directora xeral de Comercio e Consumo, Ana Rúa, durante a súa comparecencia na Comisión de Industria do Parlamento.

Segundo explicou a directora xeral, o Plan desenvolverá distintas liñas de axuda destinadas aos comerciantes individuais, asociacións sectoriais e concellos, que terán como obxectivo mellorar e impulsar o comercio tanto nas vilas e comarcas como nas zonas rurais. Nesta liña, Ana Rúa avanzou tamén que o novo Plan recolle como un dos seus eixos “a consolidación dos Centros Comerciais Abertos (CCA) e Eixes Comerciais das vilas e cabeceiras de comarcas galegas” a través de dous tipos de medidas transversais: por unha banda o apoio director ás asociacións de comerciantes promotoras deste tipo de iniciativas, e por outra, mediante o apoio directo ás actuacións dos concellos mediante un programa específico de vertebración do comercio urbano.

Plan Estatal de Actuación en Comercio Interior 2006-2008

En resposta a unha pregunta parlamentaria do Grupo Popular, Rúa tamén informou sobre a territorialización dos fondos do Plan Estatal de Actuación en Comercio Interior 2006-2008. Así, explicou que as Comunidades Autónomas non piden ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a territorialización dos fondos deste plan ao inicio do exercicio senón que a finais de cada ano e nunha Conferencia Sectorial de Comercio aproban a proposta de distribución de recursos do Plano; os criterios para a asignación da parte dos fondos territorializados (en total un 75%), a asignación do 25% restante entre os proxectos singulares presentados por todas as CCAA, e a redistribución de fondos entre as CCAA entre o sobrante de cada Comunidade por no ter presentado suficientes expedientes para cubrir o seu cupo.

A directora xeral lembrou que no último plan Galiza partía dunha asignación inicial de 516.312,75 euros, finalmente recibiu 998.010,50 euros, ao recoller parte dos fondos non empregados por outras CCAA pola presentación de proxectos singulares. Deste xeito, Galiza convertese na cuarta Comunidade que percibe máis fondos deste plan, despois de Cataluña, Andalucía e Madrid.

Campaña de inspeccións no período de rebaixas

Ana Rúa tamén informou na Comisión de Industria do Parlamento da campaña de inspeccións realizada no comercio durante as rebaixas de inverno polos servizos de Inspección de Consumo. Despois de advertir que o período de rebaixas aínda non rematou polo que aínda se poden producir máis actuacións por parte dos servizos de inspección, Rúa relatou que nesta campaña levantáronse un total de 28 actas con infraccións: 5 na Coruña, 7 en Lugo, 13 en Ourense e 3 en Pontevedra.

A directora xeral apuntou tamén que a consellería prevé ampliar en breve o corpo de inspectores de Consumo de 36 a 45 inspectores coa nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que se está a preparar.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2006-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES