
A instalacións da Asociación Aspas (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) de Santiago de Compostela acolleron a entrega por parte de Obra Social Caja Madrid dun vehículo grúa para equipar o Centro Especial de Emprego recentemente creado pola Asociación ASPAS e que baixo o nome de Aspas Emprego SL realiza servizos de xardinería.
A entrega do vehículo faise efectiva da man da Directora da Oficina de Caja Madrid de Fontiñas, Dna. Dolores Ramos Hermo, que entrega as chaves do vehículo ao Presidente da Asociación Aspas, D. Marcelo De la Cruz Luzón, nas propias instalacións que a Asociación de Santiago ten en San Marcos.
A entrega deste vehículo para o equipamento do Centro Especial de Emprego da Asociación ASPAS por parte de Caja Madrid é resultado do convenio firmado entre a entidade e a Asociación pola que Caja Madrid concede unha axuda de 28.000 euros para o equipamento do Centro Especial de Emprego. Este xa é o segundo convenio de colaboración xa que nun convenio anterior a entidade concedeu unha subvención de 120.000 euros a ASPAS para a posta en marcha dunha das vivendas que a Asociación ten nas súas instalacións.
ASPAS EMPREGO SL
O Centro Especial de Emprego da Asociación Aspas (Aspas Emprego SL) recibiu a calificación como CEE en decembro do pasado ano 2005 e ofrece servizos de xardinería e horticultura. O obxectivo que se plantexou a Asociación ASPAS á hora de crear este Centro Especial de Emprego foi a de xerar emprego para persoas con discapacidade intelectual. Neste senso na actualidade o Centro conta con tres traballadores empregados e dende a Asociación contan que o plantel se amplía próximamente. Actualmente encárgase do mantemento do parque municipal de Brandía.
ASOCIACIÓN ASPAS
A ASOCIACIÓN ASPAS, de Santiago de Compostela (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) está integrada dentro de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discpacidade Intelectual de Galicia), que á súa vez está integrada en Confederación FEAPS a nivel nacional (Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual).
ASPAS foi creada no ano 1967 polo que o vindeiro ano celebra 40 ANOS ao servizo das persoas con discapacidade e das súas familias. A asociación pon en marcha no ano 1971 o seu primer taller de carpintería co obxectivo de dar unha formación profesional ás persoas con discapacidade intelectual, taller ao que lle seguiron novos talleres ata a creación no ano 1975 do CENTRO OCUPACIONAL que funciona na actualidade con 60 prazas e con diversos servizos como cestería, manipulados, xardinería, mantemento e servizos múltiples, cerámica, etc... No ano 1985 ponse en funcionamento, en Laraño, o CENTRO RESIDENCIAL JUAN VIDAN, para 35 persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoios extensos e xeneralizados e no ano 2000 comezaron a construcción das vivendas coas que agora conta a Asociación e nas que residen un total de 17 persoas con discapacidade intelectual. E xa en decembro do 2005 como outro paso importante constituíu a sociedade Aspas Emprego SL, calificada como Centro Especial de Emprego, co fin de dar traballo ás persoas con discapacidade intelectual que non teñen oportunidade de insertarse no emprego ordinario, ainda que na liña de emprego con opoio en empresas ordinarias, nos últimos anos, conseguironse a insercción laboral de 12 persoas con discapacidade intelectual.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.