A Obra Social de Caixa Galicia, no marco do seu Programa Socialia, promove a 2ª edición do Programa de formación na xestión de voluntariado 2003
Con este programa preténdese dar continuidade á liña formativa iniciada o pasado ano en colaboración co SEGAVOL, na que participaron 240 persoas, e atende-la demanda dun número importante de entidades que na primeira edición non puideron ser admitidas.
Os obxectivos do Programa de formación son:
- presenta-lo itinerario de xestión do voluntariado, aproximándose ós principais contidos de cada unha das súas fases
- facilita-lo coñecemento de habilidades e técnicas que permitan levar a cabo unha acción voluntaria de calidade
- proporcionar un espacio de reflexión e intercambio sobre a realidade do voluntariado nas súas entidades
Convócanse inicialmente dous cursos de iniciación e dous de profundización e nos próximos meses novas accións formativas relacionadas coa implantación de programas de voluntariado.
A inscrición é gratuÃta e terán preferencia as entidades inscritas en Socialia.
CURSOS DE INICIACIÓN à XESTIÓN DE VOLUNTARIADO.
Destinatarios: Profesionais de tódolos ámbitos e persoas voluntarias que se inician ou están interesadas na coordinación de proxectos de voluntariado.
Número de prazas: 30
Duración: 16 horas
Lugar de realización:
Pontevedra: 25, 28-30 abril (inscrición ata o 16 de abril)
A Coruña: 5-8 maio (inscrición ata o 25 de abril)
CURSO DE PROFUNDIZACIÓN NA XESTIÓN DE VOLUNTARIADO.
Destinatarios: Profesionais de tódolos ámbitos e persoas voluntarias que coordinan proxectos de voluntariado. Deben ter realizado o Curso de Iniciación.
Número de prazas: 30
Duración: 30 horas
Lugar de realización:
Vigo: 6-7 e 13-14 de maio (inscrición ata o 25 de abril)
Santiago: 13-14 e 21-21 de maio (inscrición ata o 30 de abril)
O programa completo e o boletÃn de inscrición están dispoñibles en www.socialia.org (portada/programa de formación na xestión de voluntariado)
Máis información:OBRA SOCIAL DE CAIXA GALICIA. Teléfono: 902 999 537. Fax: 902 999 631. Web: www.socialia.org
Obra Social de Caixa Galicia, 2003-04-04
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.