Notas de prensa

O Colexio de Xornalistas de Galicia fai extensivo o Premio Libertat d'Expressió 2003 a todo o colectivo profesional. O galardón foille concedido pola Unió de Periodistes Valenciáns

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresou o seu agradecemento á Unió de Periodistes Valenciáns (UPV) pola concesión dun dos premios Liberdade de Expresión 2003, e fixo extensivo o galardón ós 1.085 colexiados e colexiadas e a todo o colectivo profesional xornalístico galego polo esforzo levado a cabo nas negras semanas da loita contra o chapapote e por ter afrontado con determinación os silenciamentos, apagóns e censuras á sombra dunha traxedia que pedía e segue requerindo luz.

O órgano de goberno colexial entende tamén que o premio debe alcanzar á sociedade galega, exemplarmente movilizada como gran dique humano de contención da catástrofe do Prestige e como sinal de advertencia para que nada semellante poida suceder en ninguna Galicia, en ningún mar. A Xunta de Goberno do CPXG, ó tempo que expresa a súa felicitación a tódolos premiados e, particularmente, á Plataforma Nunca Máis, subliña o compromiso permanente coa liberdade, a palabra, o diálogo e a paz.
ENTREGA DOS PREMIOS O 6 DE MAIO
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Plataforma Nunca Máis foron galardonados cos premios Liberdade de Expresión 2003 polos socios da Unió de Periodistes Valenciáns (UPV). Os premios entregaranse o vindeiro 6 de maio en Valencia nun acto público. A Asemblea Xeral da Unió de Periodistes Valenciáns reunida o día 26 de febreiro acordou por unanimidade conceder o premio Libertat D´expressió 2003 ó Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, pola denuncia sobre o apagón informativo sufrido e por tódalas dificultades que tiveron á hora de obter e transmitir información veraz sobre a marea negra causada polo petroleiro Prestige. A Plataforma Nunca Máis recibe o galardón pola súa valente denuncia por todo o sucedido a raíz do afundimento do Prestige. Tamén foron premiados a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, o programa Caiga quien caiga, que recentemente deixou de emitirse en Tele-5; Julián Antonio Ramírez polo seu traballo como xornalista durante o franquismo en Radio París e as televisións locais de Pilar de la Horadada e de Orihuela (Alicante).

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), 2003-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES