Notas de prensa

Santiago Domínguez Olveira, coas seleccións galegas de categorías inferiores

• Presentáronse os equipos que participan nos campionatos de España infantís e cadetes de balonmán, baloncesto e fútbol • O director xeral destacou que os nenos e nenas destes equipos son tan importantes coma “os grandes astros”

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez OIveira, presentou os equipos infantís e cadetes galegos que participarán nos próximos días nos campionatos de España de balonmán, baloncesto e fútbol destas categorías.

Ao acto asistiu un nutrido grupo de rapaces, que acudiron vestidos coa equipación que van vestir todos os equipos de categorías inferiores galegas, tal e como anunciou xa fai unhas semanas o director xeral para O Deporte. Domínguez Olveira explicou aos rapaces que a aposta do seu departamento é polo deporte de base: “Onte vivimos un gran momento co estreo da selección galega de fútbol, pero non podemos quedarnos aí, apoiando aos grandes astros, porque vós para nós sodes tan importantes coma os que onte representaron a Galiza”. Por iso, pediu aos nenos que “deixedes o pavillón do noso país moi alto, por riba dos resultados deportivos”.

à roda de prensa tamén asistiron José Luis Vázquez García, delegado da Federación Galega de Fútbol, Ricardo Agullón, de balonmán, e Jorge Iglesias, polo baloncesto. Todos eles agradeceron o apoio da Xunta de Galicia, “que é a primeira vez que nos patrocina nos vinte anos que levo como delegado”, subliñou José Luis Vázquez.

Estas seleccións galegas representarán a Galiza no Campionato de España de Baloncesto (Cádiz, do 2 ao 9 de xaneiro); Campionato de España de Balonmán (Málaga, do 2 ao 9 de xaneiro) e na fase sector do Campionato de España de Fútbol (Tenerife, do 6 ao 10 de xaneiro).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2005-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES