Notas de prensa

A Real Academia Galega publicará en Internet o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

A Real Academia Galega (RAG) achégase ós tempos novos, agora que o groso da información entra polos nosos ollos a través de Internet.

Trátase dun labor de fornecemento da súa presenza na Rede, que a RAG vai desenvolver coa axuda da Consellería de Innovación, que
para este cometido destina case 50.000 euros. Así o fixeron saber o responsable deste departamento, Fernando Blanco, e máis o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, logo de asinar un convenio para o deseño e implementación do software necesario para a publicación en web do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA).

Esta iniciativa, que busca facer uso da Internet para obter maior difusión deste servizo da RAG, complétase coa dixitalización de 3.000 páxinas de obras galegas dos fondos da Academia. Por outra banda, e seguindo nesta liña de sacar a cultura dos andeis, cómpre lembrar que Fernando Blando asinou outro acordo de colaboración co presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, para dixitalizar 3.000 documentos. Ademais, neste convenio tamén se inclúe desenvolver un servizo nesta web de para a carga e descarga destes arquivos, habilitando ademais un sistema de buscas de interese.

Eganet / Código Cero, 2005-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-20250430.jpg) A Filmoteca de Galicia inicia en maio unha retrospectiva arredor do actor italiano Marcelo Mastroianni como parte dunha carteleira na que tamén sobresaen as visitas de dous destacados nomes do actual panorama cinematográfico estatal: Alauda Ruiz de Azúa e Albert Serra. A oferta mensual da cinemateca da Xunta arranca este venres 2 con Corazón Salvaje, que se exhibe na recta final da homenaxe que se lle está a dedicar ao director David Lynch tralo seu recente pasamento. A nova programación inclúe tamén un repaso ás tres longametraxes do cineasta galego Raúl Veiga e a habitual colaboración co festival Play-Doc de Tui, que desta volta pon o foco en dúas figuras do cinema independente norteamericano: Monte Hellman e Elaine May.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Ou Yeah! é unha nova iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo. A súa esencia é a transformación: do local ao global, do tradicional ao contemporáneo, do escenario ao prato, do concerto ao encontro. Deste xeito, o festival, que ten como columna vertebral o rock, entendido nun sentido amplo, plural e actual, conxuga música, gastronomía, identidade e impacto territorial. Ou Yeah! espallarase pola provincia de Ourense entre os meses de xullo e outubro de 2025. O primeiro concerto terá lugar na capital da provincia, na explanada de Expouerense, o sábado 12 de xullo, da man de bandas de referencia internacionais, nacionais e galegas como The Waterboys, Morgan, Escuchando Elefantes e Tesouro.

Notas

Unha única facultade por universidade que coordinará todos os centros que imparten o Grao en Enfermaría e que integrará as escolas adscritas. Esta é a esencia do Plan de mellora do ensino universitario de enfermaría cuxo protocolo asinaron este mércores en Santiago o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Juan José Nieto Roig e os reitores das universidades de Vigo, Manuel Reigosa; Santiago de Compostela, Antonio López e A Coruña, Ricardo Cao.
O Teatro Principal acollerá entre o 5 e 16 de maio as cinco representacións que integran o programa da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que permitirá coñecer tanto as montaxes das aulas e grupos dos tres campus da UVigo, como dous espectáculos chegados de Portugal e México. Promovida pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello, trátase dunha mostra con entrada gratuíta.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES