Notas de prensa

Sanidade e a Universidade de Santiago asinan o convenio para a creación do Aulario de Clínicas do Campus de Ciencias da Saúde

- A Consellería investirá 4 millóns de euros na execución das obras de construción deste novo edificio - O proxecto está xa en elaboración, polo que se prevé que se poida licitar antes de que finalice o ano

O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Ãlvarez e o rector da Universidade de Santiago, Senén Barro, asinaron un convenio de colaboración para a creación do Aulario de Clínicas do Campus de Ciencias da Saúde, para a súa utilización conxunta pola Universidade compostelana e polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Esta colaboración entre os organismos ten por fin dar resposta coordinada ás necesidades docentes e investigadoras de ambas institucións, así como incrementar o aproveitamento dos recursos estruturais e tecnolóxicos. Para a execución do Aulario a Consellería de Sanidade investirá 4 millóns de euros. Nestes momentos, o proxecto está xa en proceso de elaboración, polo que se prevé que as obras se poidan licitar antes de que finalice o ano.

A través deste acordo de colaboración engádese unha maior operatividade ás actividades docentes impartidas polos profesores universitarios con praza asistencial vinculada, así como aos alumnos de disciplinas de Ciencias da Saúde desta Universidade. Ademais, dótase ao Hospital Clínico Universitario dun Salón de Actos destinado á realización de eventos científicos e formativos organizados polo Complexo Hospitalario da capital de Galicia. Por último, increméntase o espazo dedicado a actividades de apoio á formación de ambas institucións.

Este Aulario situarase no espazo de reserva existente na parcela na que se construíu o Hospital Clínico, autorizándose á Universidade para construílo e participar na súa xestión.

PLAN FUNCIONAL

Para a execución dos obxectivos contemplados neste convenio de colaboración desenvolverase un Plan Funcional que será aportado pola Universidade de Santiago e contará coa conformidade do C.H. Universitario de Santiago. O Plan establecerá os recursos necesarios para executar o proxecto, o funcionamento e organización das actividades, o equipamento necesario, as relacións entre as institucións para a súa adecuada coordinación, así como as comunicacións e os accesos ás actividades realizadas no edificio. Este Plan funcional partirá dunhas necesidades básicas de espazos entre as que se contempla un salón de actos cunha capacidade aproximada de ao redor de 300 persoas, 6 aulas de 120 postos cada unha, 4 aulas de 60 postos, unha área de lectura e estudo, unha área de taquillas, vestiarios e aseos e, por último, áreas de apoio á actividade, como a correspondente aos servizos administrativos.

MARCO DE COOPERACIÓN

Recordar, por último, que a Consellería de Sanidade e a Universidade de Santiago estableceron, por medio dun convenio asinado o pasado 30 de maio, un marco de referencia para a cooperación entre ámbolos dous departamentos no desenvolvemento do Campus de Ciencias da Saúde, de xeito coordinado coas necesidades do C.H. Universitario de Santiago. Mediante esa sinatura estableceuse a colaboración entre asistencia sanitaria e docencia, coordinando as accións necesarias para o axeitado desenvolvemento deste Campus de Ciencias da Saúde.

Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia), 2005-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES