Notas de prensa

O III Estatuto da Galiza debe de ir alén das consignas ou dos slogans

Galiza precisa outorgarse a si mesma unmarco constitucional propio e eficaz.

O III Estatuto da Galiza debe de ir alén das consignas ou dos slogans, polo que o P.G. vai a iniciar unharolda de consultas coas formacións políticas locais e independentes con representacion municipal
Os termos xenéricos teñen un peso simbólico estético, que ten que ir acompañado de contidos prácticos para que sexan verdadeiramente útiles ós diferentes sectores da sociedade. Xa que logo, os galeguistas entendemos que o texto, e o mesmo debate, do III Estatuto da Galiza debe de ir alén das consignas ou dos slogans, que case sempre fican en xestos cara a galería con moito valor fotográfico e escaso peso específico.
Por riba da terminoloxía están os contidos e o propio espírito político; unha identidade nacional non se legaliza con sustitucions estéticas que pasen por incluír cen veces a palabra “nación” nos documentos oficiais, nin facendo equilibrios semánticos para explicar por defecto tanto o qué somos como o qué deixamos de ser.
Galiza precisa outorgarse a si mesma unmarco constitucional propio e eficaz, un III Estatuto que introduza un anovado concepto da Galicia, unha reformulación ampla que transforme a idea, para nós desfasada, de que o Estatuto é unha ferramenta de administración dun determinado territorio a outra, moito mais conectada coa realidade,
que certifique que o Estatuto é unha ferramenta de administración dos intereses do colectivo socioeconómico formado polos galegos.
O Estatuto vixente, como documento de transición que sempre foi, concede unha limitada autonomía administrativa territorial; a reforma que propón o P.G. incorpora o concepto de que o III Estatuto ten, no caso da Galicia, que recoñece-lo feito plurinacional da Identidade Galega -que é o cerne da lexitimidade histórica de calquera
autogoberno administrativo sobre territorios-. Non se trata, para nós, tan só de autonomía territorial, senón que o obxectivo é a o autogoberno dos intereses galegos que nunca son a expresión dun territorio físico e sí dun colectivo social.
Alén do empecinamento e a defensa numantina de terminoloxías-tipo, como as de “nación” ou “rexión”, o novo Estatuto ten que ser a ferramenta administrativa e lexislativa da Identidade Galega.Cando os galeguistas falamos de Identidade Galega exteriorizamos unha reflexión, tanto semántica como social, que resume unha realidade
diferencial absolutamente tanxible: o conxunto de sentimentos subxectivos, dereitos históricos e accións comúns que derivan na idea de pertenza a unha colectividade coa que nos identificamos e, tamén, a un entorno o que desexamos pertencer e no que queremos participar democraticamente e en pé de igualdade. A Identidade Galega é unha realidade histórica non subsidiaria, unha igualdade que, independentemente do valor das variables que conteña a súa formulación, verificase sempre e non é susceptible de ser o resultado dunha concesión nin de un aforamento ou privilexio outorgado
Por outra parte, nunha sociedade democrática o debate e a redacción do III Estatuto nin ten que facerse con presas nin debe, aínda que se poda, limitarse por decreto a feitos tan puntuais como o de que tres partidos políticos teñan representación parlamentaria. Consideramos que hai que manter o espírito histórico e plural da convocatoria da que naceu o Estatuto actualmente vixente, na que o Partido Galeguista participou activamente aínda que non tiña representación > parlamentaria.
Neste senso, o P.G. vai a iniciar unha rolda de consultas coas formacións políticas locais e independentes que, como é o noso caso, contamos con representación en diferentes Concellos da Galiza. O debate e a redacción do III Estatuto ten que contar, para que sexa democrático e acorde con sentir plural da cidadanía, cos representantes dun importantísimo sector da cidadanía e electorado galego que, nas eleccións locais, decidiu non votar a outras opcións distintas as que representan as tres forzas que actualmente compoñen o Parlamento Galego.

Partido Galeguista, 2005-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES