ADEGA edita un folleto sobre a costa galega: Unha costa chea de vida, un patrimonio ameazado
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) editou un folleto sobre a costa galega e os seus espazos naturais, co tÃtulo “Unha costa chea de vida, un patrimonio ameazado”.
Nel ponse de manifesto que a costa da nosa terra constitúe un rico patrimonio ambiental de enorme importancia socioeconómica que está a sufrir un serio proceso de degradación. ADEGA defende a conservación e uso apropiado da costa a través de medidas como a xestión integrada do litoral ou a xestión sostÃbel da pesca.
O folleto sinala que “na costa do noso paÃs non temos ningún espazo natural da importancia de Doñana. Porén, no seu conxunto, a nosa costa ten un interese natural moi destacado, con moitos espazos litorais e mariños de alto valor ecolóxico que cómpre protexer de xeito especial, sen que iso supoña abandonar á súa sorte e entregar a actividades degradadoras o resto do territorio”. 28 espazos naturais costeiros están protexidos, en xeral de forma insuficiente e pouco efectiva.
ADEGA coida que “o estado de conservación da nosa costa e do noso mar é moi preocupante. Estamos a estragar un valioso patrimonio, unha fonte de riqueza e benestar, un sinal da nosa identidade”. Entre as principais causas de deterioración saliéntanse as mareas negras, a contaminación, a sobrepesca e a mala planificación das infraestruturas e da urbanización. Tamén se fai referencia á construción de encoros nos rÃos, pois alteran “a circulación normal da auga e os materiais en suspensión que arrastra, con consecuencias negativas para algúns ecosistemas do litoral”.
Para ADEGA, “outro desenvolvemento é posÃbel”, mais para iso cómpre recorrer a instrumentos até hoxe pouco aplicados no noso paÃs. “Un dos máis importantes é a xestión integrada do litoral. Consiste en planificar e xestionar os recursos e o espazo do litoral, coordenando todas as polÃticas e institucións que inflúen nas zonas costeiras. Debe estar aberta á participación das poboacións locais”.
No folleto destácase que“é de grande importancia avanzar cara a unha xestión ecoloxicamente sostÃbel da pesca. Só asà é posÃbel garantir o seu futuro. Unha xestión avanzada da pesca debe contemplar a creación de reservas mariñas de interese pesqueiro, áreas que protexen zonas de reprodución, caladoiros de pesca e áreas de repoboación e nas que se restrinxe a pesca. Comprobouse cientificamente que estas reservas incrementan a pesca nas zonas colindantes”. A ConfrarÃa de Lira (Carnota) está a promover a que serÃa a primeira de Galiza.
Adega, 2005-07-21
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.